Welcome to Parapente en Ferrol (Galicia) -

Actividade térmica en Penencia 2 comments

Si é que estaba claro!!!... Árbores a moverse ó ritmo do vento e ó lado o resto que nin movían unha folla... Vento meteo con orientación nordés, moito calor e brétema entrando polo mar... O vento en Penencia con orientación norte-noroeste e con variacións de intensidade... O DÍA ESTABA TÉRMICO!!!! pero eu tiña que comprobalo no aire... en fin, non aprendo... estívome ben empregado, meneo por aquí, meneo por aló, agarrando a vela seguido e Samuel veña preguntarme que cómo estaba pola emisora... PERO NON VES A VELA QUE SE "DESMEMBRILLA"??? E QUE NON CONTESTO POR NON SOLTAR OS FRENOS???!!!

Pois dende abaixo parecía que non se movía tanto, dixo Samuel, Alfonso e Marcos... Pois está visto que "másquina" que é un servidor que controla a vela, pero dende logo no aire era outra cousa ben distinta... ;-) :-D :-D :-D

Ó final quedamos a voar no cortado de Penencia ata que tiven que marchar ós adestramentos dos rapaces... bueno, quedar, quedar... tamén peguei unha voltiña pasando dende o acantilado á ladeira de Monte Ventoso collín altura e outra vez a cobrar!!! QUE NON APRENDO!!! Serei parviño!!!... Pero gustoume saber que non fai falla pisar toxos pola ladeira para coller altura, tamén se pode sair máis adiante. ;-) :-)

Un servidor se pode evitalo poucos toxos vai a pisar a partir de agora... bueno, os imprescindibles e algún máis (atoxizaxes incluidos) ;-)

Se a cousa segue así creo que podo pronosticar unha primaveira interesante e ... MOVIDA!!!.

Chuzame! chúzame -

¿Quén está a voar? E máis importante aínda: ¿Ónde? 5 comments

Levo un fin de semana moi cansado coas competicións e concentracións de atletismo... non me podo queixar, os meus rapaces non quedaron mal situados de todo, pero non puiden voar... :-(

O domingo nada máis deixar a cada un na súa casa funme a ver o que facían os pilotos ferroláns... polo visto non tiveron un fin de semana especialmente bo, uns poucos descensos e moita campa, xornadas para alumnos, e vento cruzado... así que cando cheguei estaban a tomar algo no bar de Cobas, coa leve esperanza de poder voar algo se "se poñía". Javier Torrón estivera voando co vento cruzado no cortado de Ponzos, con vento forte e agora era o que máis esperanzas de volver a voar tiña, así que despois de tomar algo voltamos á praia xunto con Xesús de Lugo e Luis, un piloto que xa leva un par de anos sen voar da costa lucense e que posiblemente retome o tema e se acerque a voar de cando en cando a Ferrol.

Eu funme pero con máis ánimo de botar unha soneca que de voar e en canto estiraron as velas tumbeime na herba, pero nunha zona "comprometida", na que ó pouco de pechar os ollos me espertou Xabier pasándome moi preto detrás da súa vela... ;-)

O vento seguía forte e despois de un par de voos co vento moi cruzado decidimos cambiar de zona, para ir a unha na que o vento entrara máis encarado... unha zona á que habitualmente vamos a facer campa pero non a voar...

Así que ¿ónde pensades que están tomadas as fotos? ¿cal é a nova zona de voo?¿quén está a voar tan elegante de pantalón vaquero?

A ver quén acerta...

Máis fotos...

Chuzame! chúzame -

Lobadiz-Illas Gabeiras: Só para velas rápidas… 5 comments

Abrir unha zona nova é unha experiencia estupenda.

Antes de despegar non tes a certeza de que alí se poida voar, tes que analizar as posibilidades e avaliar cál pode ser a mellor, non tes informes previos de outra xente que xa voara alí e que te poida aconsellar... pero alguén ten que tentalo por primeira vez!.

Hoxe temos unha nova zona de voo en Ferrol, orientación oeste e para ventos fortes, moi fortes, polo tanto só para velas rápidas e ademáis velas con tasa de caída baixas, xa que se despega dunha pequena ladeira sen case inclinación...

Hoxe voei alí en dúas ocasións: na primeira foi un voo de case unha hora, co vento máis suave, e costoume enganchar altura, pero finalmente, coa axuda dunha nube conseguín acadar 200 metros por riba do despegue, na segunda ocasión o vento estaba pasado, tiven que usar o acelerador e saín disparado nada máis levantar a vela... en ámbolos dous voos disfrutei moito do sitio...

Olvidábao... trátase dos cantís que hai frente ás Illas Gabeiras, en Lobadiz, e cheguei ata punta Herbosa... un sitio precioso... pero só para velas rápidas...

Track do primeiro voo.

Track do segundo voo.

Máis fotos... 

Chuzame! chúzame -
Top of page / Subscribe to new Entries (RSS)