Mer 16 Abr 2008
Mer 16 Abr 2008
Tivemos un fin de semana estupendo de voo en Ponzos... horas no aire, condicións moi tranquilas, colliamos altura e eu volvín a enganchar o pico da vela e pasei esta vez a Meirás...
As vistas alí son estupendas, pasei voando por riba da piscifactoría e fun seguindo unhas gaivotas ata chegar a facer ladeira diante do faro de Meirás, pero con moito coidado xa que non hai opcións de aterraxe abaixo, só o mar, así que en canto tiven 30 metros de altura optei por non arriscar e aterrei... tiven sorte e había moita xente mirando sorprendidos e unha parexa moi amable acercoume ata case Ferrol e dende alí xa me recolleu Alfonso... e xa era a segunda vez que me ía recoller, a primeira foi outra tentativa que fixen ó principio da tarde, pero hacia Doniños, chegando ata a ladeira de San Xurxo-Esmelle e aterrando no sitio de sempre...
xa me está tocando as narices aterrar sempre no mesmo sitio, pero desta vez xa cheguei un pouco máis lonxe.
E preguntarédesvos: ¿Por qué non hai nin video nin fotos feitas por min?
Moi sinxelo... a miña prioridade dese día era probar a miña nova silla de competición Woody Valley X-Rated 4 e facer os últimos axustes.
Acabei moi satisfeito coa silla e xa o primeiro día me adaptei á perfección, xa a vou levar directamente á primeira competición e agora só falta que me cheguen as poleas Harken e adaptalas...
Por sorte Marcos sí levaba cámara e fixo algunhas fotos... e agardo ansioso a que cargue o track do seu voo de ¿cantas horas?...
Unha última cousiña... como foto desta semana de Ojovolador aparece a foto que enviei voando en Esmelle... creo que será unha cousa estupenda para dar a coñecer as nosas zonas de voo, aínda que a foto en sí, voando tan cerca do mar nun acantilado, como moi ben dixo Ulises, non inspire moita confianza
pero máis vale iso que nada... temos que seguir enviando fotos doutras zonas a ver si hai sorte e volvemos a sair...
chuzame -
Xov 10 Abr 2008

Hace ya muchos años que sueño con un hermoso país salpicado de montañas que coronan el mundo, que cercan el cielo, un país de sueños y de ensueño, de leyendas y tradiciones...
Durante mucho tiempo fue el país prohibido a los extranjeros, cerrado para mantener sus tradiciones intactas... luego llegaron los invasores y ellos mismos fueron los extranjeros en su propia tierra.
Nunca pensé que diría esto, soy un convencido seguidor de los ideales de Pierre de Coubertain, de los ideales olímpicos, de todo lo que esa forma de pensar conlleva... pero hoy pido que se apague la llama olímpica... que se apague y no atraviese el Tibet, sellando el triste destino que están sufriendo sus habitantes, sirviendo de intrumento del opresor extranjero... que se apague y vuelva a renacer con más fuerza nuevamente en Olimpia... el fuego libre de Olimpia.
chuzame -
Dom 6 Abr 2008
Os nosos compañeiros aprovaron o exame de alumno avanzado, noraboa a Alfonso, Samuel, Javier Escobar e Javier Torrón.
Estes dous últimos levan voando moitos anos, e me alegro de que se plantexen estos pequenos retos que serven de estímulo para progresar. Nos veremos na competición galega? Espero que si!!!!
Me tarda que outro compañeiro, amigo e aerofotógrafo, Salva, se una ao clube dos federados e participe nas compes. É dos mellores voadores que coñezo e unha persoa excepcional. Como animalo a que se apunte?
chuzame -
Xov 3 Abr 2008
Novas zonas de voo (Dunas de Penencia e Campo de tiro) e voos da Semana Santa (Voo a Valdoviño)
Posted by Diego under Comentarios de voos , Fotos[3] Comments
Acaba de entrar o anticiclón, metendo nordés e deixándonos un par de días de "descanso" despois da tempada de intensos voos que levamos... tamén me vai a servir para poñerme ó día co blogue.
E é que estes días estivemos realizando unha intensa actividade parapentística... principalmente en canto a voos.
Unha serie de frentes meteron abundante nubosidade e ventos do norte... as nubes teño que recoñecer que me daban mal rollo, grandes desarrollos e moi escuras na base, nembargantes non tiraban nin xeraban grandes ascendencias así que estivemos voando moi altos debaixo de bichos debaixo dos cales noutros sitios no interior nin se me pasaría pola cabeza. En canto ó vento... pois para "variar" en Ferrol seguimos a voar con ventarrón... imos coller mala fama
pero case en todo momento baixo control... haberá que mencionar o "atoxizaxe" de Marcos, Xerardo e Peña no bipraza e o dun servidor que tamén acabou nos toxos cunha racha que debía rondar os 60 kmh xusto cando estaba a despegar dende a praia de Ponzos.
Outros atoxizaxes houbo pero xa non foron por causa do vento... por exemplo Alfonso onte coñeceu as profundidades da espesura dos toxos á dereita de Monte Ventoso... un lugar ampliamente estudiado polos parapentistas da zona... alí hai que ir polo menos unha vez na vida, como a San Andrés, que si non vas de vivo vas de morto.
Pero quitando estas minucias levamos unha tempada de voos moi altos, voando como mínimo 4 horas cada día, voando en Monte Ventoso, en Esmelle, moito en Ponzos e...
Voando no Campo de tiro de Doniños e nas Dunas de Doniños!!!!
En efecto, novas zonas de voo...
No campo de tiro xa se tiñan feito algunhas probas e o outro día confirmouse como nova zona... un oeste que probou Xerardo e logo voamos Pedro, un canario que nos veu visitar, e mais eu mesmo, voando os dous ó mesmo tempo. Neste sitio teste que manter por riba do despegue xa que en canto baixas un pouco xa notas a influencia do sotavento das dunas de enfrente pero pode ser unha opción para variar un pouco as zonas nas que voamos.
En canto ás dunas, é un sitio que xa levo tempo con ganas de probar.
As dunas de Penencia-Doniños teñen orientación Oeste e fai falta bastante vento para voar nelas... un par de veces funme para atrás arrastrado a toda velocidade pola vela case vinte metros sen tocar o chan e véndoo pasar a toda velocidade... por sorte é unha zona despexada e de area branda, sen perigos importantes. É unha zona moi técnica na que andas raseando o chan e que nalgún momento colles unha media ducia de metros e na que en ningún momento podes perder o control da vela... encantoume o sitio... un bo adestramento, lástima que as condicións para voar alí non se dean máis frecuentemente pois trátase dunhas dunas bastante largas... o próximo día vou a tratar de probar as de San Xurxo, que teñen unha orientación máis tirando a noroeste e creo que tamén poden rendir con moito vento.
En canto a voos creo que debo destacar que por fin me puiden pasar voando ó Pico da Vela (por fin)... xa levaba un tempo tentándoo, por suposto as poucas veces que se dan condicións, e por fin o conseguín... non foi moi fácil que digamos e tiven que buscar distintas opcións antes de dar coa correcta... e ésta pasa por unha larga transición por riba do mar sacrificando o último tramo de acantilado pero conseguindo así un tramo de vento enfrentado moito menor... ó chegar ó Pico creía que deseguido iba a notar unha zona de ascendencia pero por contra atopei que o vento resbala na ladeira enfrentada e teste que meter bastante para atopar rendemento... por sorte cheguei con altura suficiente.

Unha vez que inicias a transición tes que ter moi claro o punto de non retorno, a partir do cal xa non hai marcha atrás, a partir do que xa terás que aterrar en Campelo, pois non poderás voltar ou será moi difícil, ou aterrar máis aló...
si, si... máis aló, pois unha vez volves a ganar altura comezas a ter visión de novas opcións... e comencei a plantearme un novo obxetivo...
"Por planeo non das chegado dende o Pico da Vela ata Valdoviño, hai moitos kilómetros". Alguén me dixo iso o día anterior...
Pero sen probar non se sabe... así que aló me tirei cara atrás, tentando buscar algún apoio nunha nube que finalmente se me escapou... pero aínda así aterrei fronte ó posto de salvemento de Valdoviño. Lástima do apoio na nube ou dunhos poucos metros máis antes de sair pois creo que podería ter reenganchado nos acantilados da dereita de Valdoviño e continuar ata Pantín-Cedeira, ou soñando un pouco máis... San Andrés de Teixido!!!
Sen probar non se sabe... podo dicir que teño un novo obxetivo...
Estou encantado con ese voo... polo de agora tan só Juan Cedrón ten chegado voando a Lago e foi metido nunha nube, pero usando os apoios dos acantilados é a primeira vez que se chega a Valdoviño... espero que non sexa a última e poida voltar a tentar chegar un pouco máis lonxe.
Resumindo... ESTÁMONOS A INFLAR TODOS A VOAR!!! NUN MONTÓN DE SITIOS, MOI ALTOS, FACENDO INTENTOS DE SYNCRO CON XERARDO, WINGOVERS, BARRENAS, PLEGADAS... UNHA PASADA DE TEMPORADA DE VOO!!!
Aínda que tamén tivemos algún sustiño... Chema e Marcial contra un cortado, varios "atoxizados", Samuel facendo as súas primeiras ladeiras dende a praia e "raseando" a manga... por sorte nada grave e todos voltaremos ó aire...
Máis fotos das dunas de Doniños-Penencia.
Máis fotos voando en Esmelle o 31 de Marzo.
Máis fotos dos "Días de tormenta".
Track do voo Ponzos - Valdoviño.
chuzame -
Mer 2 Abr 2008
A ver se esta fin de semana se pode facer o exame de alumno avanzado...Esperemos que sí, que as condicións o permitan e que os nosos compañeiros o fagan como saben facelo.
Onte estivemos voando en Monte Ventoso, e os "examinandos" luciron cada un a sua maneira de entender a pilotaxe.
Alfonso, arriscando unha miga máis que o resto, e levando o premio dun "Toplanding" en Ventoso, cousa sempre movida. A próxima vez, correxindo a derrapaxe, será mellor todavía.
Samuel, insistindo en aprender en cada paso. No final foi o que máis alto estivo, xunto con Peña, e practicou as orellas.
Javier Escobar, sen comentarios, sempre nos amosa cousas das zonas de vó, xa que as coñece perfectamente. Pilota estupendamente calquera parapente, e non se afunde nin con 100kilos de lastre.
Foi un día de "rasquiladerear", pacientes, esperando a mellora das condicións. As veces, aguantando xa 100 mtrs. por debaixo do despegue!!! Pero así se aprende, non sí?
Vos deixo un enlace cun track, exemplo do que traballamos en Doniños.
http://www.paraglidingforum.com/modules.php?name=leonardo&op=show_flight&flightID=32791
Sorte a todos!!!
chuzame -
Sáb 29 Mar 2008
Mar 25 Mar 2008
Lun 24 Mar 2008
Ponzos 18, 21 e 23 de Marzo... Días de tormenta...
Por fin voltamos a voar... o vento na cara... as mans doloridas
polo frío... os xeonllos doloridos de pisar durante tanto tempo o estribo e mailo acelerador...
Por fin entran nortes, e entran con ganas, acompañados de nubes e frío, permitíndonos facer estupendas ladeiras ata Campelo e despegando dende a praia. Pero tamén entran forte. Hoxe sin ir máis lonxe acabei coa vela de competición no medio dos toxos, nada máis despegar unha forte racha me lanzou hacia atrás, sen tempo a reaccionar, só estaban no aire Xerardo e Peña co meu bipraza e tamén os levou hacia atrás, pero eles acabaron mellor parados.
Pero non hai queixa... varios voos de máis de hora e media, dous días nos que o total sobrepasou as 4 horas... estupenda semana, Semana de Paixón...
As nubes asustaban e marcaban cando voar, grandes desarrollos, agua e Arcos da Vella, vento e mar emborregado... Días de tormenta...
Os meus preferidos do 21: Track 1 Track 2

chuzame -
Xov 13 Mar 2008
Xa hai un tempo que me estou a dar conta de que hai dúas cousas que determinan o que para mín é un bo voo...
A primeira: non "pinchar", non afundirme.
Moito me fastidia despegar arriba e ter que pór pé á terra no aterraxe, se as condicións están mal séntame fatal e se as condicións están ben... pois imaxina. Por suposto neste grupo non entran os voos de distancia, triángulos, voos nos que se supera ampliamente a altura do despegue, etc
A segunda: Que sexa un voo en condicións difíciles.
Aquí metería eses voos que fas con condicións moi frouxas nas que tes que pelexar cada metro, os voos nos que tratas de chegar a algún punto arriscando ou chegando moi baixo para remontar, os voos novedosos ou que non se fixeron nunca, por exemplo, cruzar a ría... chegarei, non chegarei? Só hai unha forma de sabe-lo... Probar!, eu penso que chego...
Hoxe voei unha hora... foi un deses voos.
Saín un par de veces e aterrei arriba. Á terceira quixen arriscar e buscar cousas novas, facer sempre o mesmo resulta aburrido, e decidín sair da ladeira, cambiar de ladeira. Fun loitando o que había, cheguei a estar á altura das copas dos eucaliptos á esquerda da ladeira de Ponzos, case enriba do bar de Cobas. Fun traballando para voltar sen ter que aterrar nun campo de emerxencia, metro a metro (RENDERSE NUNCA!), xiro a xiro... fun collendo altura, achegándome novamente á ladeira. Mentras tanto foron chegando Xerardo, Peña e Alfonso. Outro metro, outro xiro... perdo dous pero non importa... na próxima fareino mellor e recuperareino... Finalmente logrei chegar arriba... non había vento meteo nin ladeira, só térmicas bastante rotas abaixo, que ían collendo forza... ó pasar por riba do despegue oín un Click! na miña cabeza, desconectei o modo concentración extrema e soltei un berro: CONSEGUINO!!!
Hoxe fixen un voo dos que valen a pena... loitando, buscando seguido, mantendo a concentración en todo momento, xirando sen desánimo por perder algún metro, recuperando o perdido, evaluando as condicións e as opcións seguido... unha hora que despois dunha boa tempada sen voar me confirma que aínda non perdín certo toque coa vela pero que me deixa ganass de máis.
Ganas de máis adestramento para a próxima proba da liga galega, ganas de coller altura, ganas de chegar un pouco máis lonxe, ganas de probar cousas novas, de levar os meus límites con tino un pouco máis lonxe... de seguir mellorando... de sentirme cada vez máis libre no aire, esa liberdade que da a perfección e a automatización nos actos cotiáns, que nos permite centrarnos na toma de decisións importantes deixando de lado certos aspectos motores ou intelectivos de menor relevancia.
A miña vela axuda moito nesta tarefa, por suposto unha vez comezas a controlar as reaccións dunha vela DHV 2-3 (¿ou xa debería dicir LTF?), pois a súa elevada tasa de planeo permite ir á procura de novas ascendencias, a súa velocidade lévame a onde quero ir con premura... estou encantado con ela.
Agardo inquedo poder medirme en competición con pilotos mellores ca mín e poder valorar o marxe de mellora con respecto ó ano pasado e aprender todo o que poida.
Por fin voltamos a voar... voar con sensación de liberdade... o aire na cara... percibir as leves variacións na presión da vela e xirar con elas... os cambios de temperatura do aire na térmica... os páxaros marcando a próxima ascendencia... as árbores abaneando na base da que estamos a xirar...
¿¿¿Hai algo mellor no mundo enteiro??? Pode ser... pero aínda non o atopei.

chuzame -