Zonas de voo


Acabo de descubrir na rede un enlace que penso que vos pode interesar.

Trátase dun blogue sobre a Serra de Larouco na que o autor pon cómo ve as previsions para a fin de semana, algo moi interesante para os que vivimos lonxe desta estupenda zona de voo. Ninguén mellor que un piloto local para contarnos cómo ve o tempo e se se vai "poñer".

Alfonso, xa non temos excusa para para non ir a voar alí... ;-) :-D

Tedes o enlace na barra lateral...

Chuzame! chuzame -

Ponzos é, sen dúbida, o mellor lugar de Ferrol para iniciarse ó parapente... alí fixemos case todos o noso primeiro voo "unplugged" ;-) é dicir, sen que nos foran dicindo o que facer. Esto débese o seu amplo aterraxe con posibilidade de ir á praia, ó magnífico despegue, a que en todo momento o instructor está vendo ó alumno, tanto dende o despegue como dende a aterraxe e ás condicions tranquilas de voo que se soen dar nesta zona.

A súa orientación ideal é Oeste-noroeste para o despegue superior, e de norte para o inferior, aínda que en determinadas condicions se pode voar tamén con norte-nordeste.

Ademáis hai que destacar a posibilidade de despegar dende a praia e ir progresivamente collendo altura aproveitando o acantilado da dereita da praia de Ponzos, con vento encarado do norte un pouco forte.

Os días bos tamén se poden facer humildes intentos, humildes polo de agora, co tempo serán meirandes, de facer voos de distancia.

As vistas e a paisaxe que se pode disfrutar dende o despegue xa xustifican unha visita a este despegue, aínda que non poidamos voar, ou para acompañantes dos parapentistas.

Chuzame! chuzame -

Situada na entrada da ría de Ferrol, esta zona de voo ten orientación sudoeste. Nesta zona podemos realizar fantásticos voos de ladeira coa seguridade de que si aumenta o vento dispondremos dunha amplia zona de aterraxe por detrás do despegue.

As vistas son espectaculares: da entrada da ría de Ferrol co porto exterior, vistas dende a lonxanía de Coruña e, collendo un pouco de altura, da zona interior da ría e a praia de Doniños.

As aterraxes de abaixo son o suficientemente amplas pero o habitual é volver a aterrar arriba, dado que se trata dunha ladeira de gran rendemento.

Chuzame! chuzame -

Esmelle é unha pequena ladeira para voar con Oeste-Sudoeste na praia do mesmo nome. O habitual é aterrar no mesmo sitio onde despegamos, pero tamén se pode aterrar na praia que está ó pé... precaución, xa que con marea alta podemos despistarnos e mollar os pés ;-)

Para voar en Esmelle precísase de vento forte e ben encarado, xa que non se acada altura, e é por isto que é o lugar elexido polos parapentistas de Ferrol para voar cando o vento está moi forte en San Cristóbal ou en Ponzos, ou cando a orientación é intermedia para estes dous lugares.

Cando o vento baixa en Esmelle, ás veces queda un día estupendo para voar en Cabo Prior, no que se precisa dun vento menor e dunha orientación Oeste ou Oeste-Noroeste.

Esmelle non é un lugar apto para principiantes, o voo que alí se fai require de precisión e resulta moi habitual voar rascando co acantilado.

Chuzame! chuzame -