Competicións


Xa falta menos para a primeira proba da Liga nacional en Granada... estou ansioso por competir, coñecer novos lugares e tentar facer distancia...

Xa estou inscrito... vai estar interesante ver cómo me vai coa nova silla e a vela.

Do 15 ó 18 de Maio vémonos en Granada...

Chuzame! chuzame -

Próximamente a Federación galega ten previsto realizar un curso de Xuiz de parapente e Organizador de competicións... todos os interesados poden informarse na Federación galega, a ser posible antes do 15 de Febreiro, xa que o precio variará en función dos inscritos.

Chuzame! chuzame -

Aínda que todavía é provisional, o esbozo do que vai ser o calendario galego de competición para este ano xa está listo...

Calendario liga galega 2008 (provisional)

Gistredo 12-13 Abril
O Faro 10-11 Maio
Quiroga 7-8 Xuño
Baltar 12-13 Xullo
Baltar 9-10 Agosto
Gistredo 6-7 Setembro

Seis datas que serán ademáis obrigatorias como adestramento do equipo galego e que veñen a cubrir a escaseza de probas de competición dentro da nosa comunidade para os aficionados á competición... ou para aqueles que busquen unha excusa para voar noutros sitios con coñecidos e amigos.

O caso é voar, sexa nunha concentración, competición ou por libre... pero neste caso poderás desfrutar do ambiente... Só resta agardar que a previsión meteorolóxica acompañe e se dean estupendas condicións e... sacar a licencia federativa.

Vémonos no aire... e a ser posible que eu estea máis arriba (Hai que empezar a picar á xente para que se apunten... ;-) )

Chuzame! chuzame -