Parapente en Ferrol (Galicia) » Posts in 'Comentarios de voos' category

Días de tormenta 2 comments

Ponzos 18, 21 e 23 de Marzo... Días de tormenta...

Por fin voltamos a voar... o vento na cara... as mans doloridas

polo frío... os xeonllos doloridos de pisar durante tanto tempo o estribo e mailo acelerador...

Por fin entran nortes, e entran con ganas, acompañados de nubes e frío, permitíndonos facer estupendas ladeiras ata Campelo e despegando dende a praia. Pero tamén entran forte. Hoxe sin ir máis lonxe acabei coa vela de competición no medio dos toxos, nada máis despegar unha forte racha me lanzou hacia atrás, sen tempo a reaccionar, só estaban no aire Xerardo e Peña co meu bipraza e tamén os levou hacia atrás, pero eles acabaron mellor parados.

Pero non hai queixa... varios voos de máis de hora e media, dous días nos que o total sobrepasou as 4 horas... estupenda semana, Semana de Paixón...

As nubes asustaban e marcaban cando voar, grandes desarrollos, agua e Arcos da Vella, vento e mar emborregado... Días de tormenta...

Voo do día 18 - Track

Os meus preferidos do 21: Track 1 Track 2

O meu preferido do 23: Track

 

 

Chuzame! chúzame -

Vencer as dificultades 3 comments

Xa hai un tempo que me estou a dar conta de que hai dúas cousas que determinan o que para mín é un bo voo...

A primeira: non "pinchar", non afundirme.

Moito me fastidia despegar arriba e ter que pór pé á terra no aterraxe, se as condicións están mal séntame fatal e se as condicións están ben... pois imaxina. Por suposto neste grupo non entran os voos de distancia, triángulos, voos nos que se supera ampliamente a altura do despegue, etc

A segunda: Que sexa un voo en condicións difíciles.

Aquí metería eses voos que fas con condicións moi frouxas nas que tes que pelexar cada metro, os voos nos que tratas de chegar a algún punto arriscando ou chegando moi baixo para remontar, os voos novedosos ou que non se fixeron nunca, por exemplo, cruzar a ría... chegarei, non chegarei? Só hai unha forma de sabe-lo... Probar!, eu penso que chego...

Hoxe voei unha hora... foi un deses voos.

Saín un par de veces e aterrei arriba. Á terceira quixen arriscar e buscar cousas novas, facer sempre o mesmo resulta aburrido, e decidín sair da ladeira, cambiar de ladeira. Fun loitando o que había, cheguei a estar á altura das copas dos eucaliptos á esquerda da ladeira de Ponzos, case enriba do bar de Cobas. Fun traballando para voltar sen ter que aterrar nun campo de emerxencia, metro a metro (RENDERSE NUNCA!), xiro a xiro... fun collendo altura, achegándome novamente á ladeira. Mentras tanto foron chegando Xerardo, Peña e Alfonso. Outro metro, outro xiro... perdo dous pero non importa... na próxima fareino mellor e recuperareino... Finalmente logrei chegar arriba... non había vento meteo nin ladeira, só térmicas bastante rotas abaixo, que ían collendo forza... ó pasar por riba do despegue oín un Click! na miña cabeza, desconectei o modo concentración extrema e soltei un berro: CONSEGUINO!!!

Hoxe fixen un voo dos que valen a pena... loitando, buscando seguido, mantendo a concentración en todo momento, xirando sen desánimo por perder algún metro, recuperando o perdido, evaluando as condicións e as opcións seguido... unha hora que despois dunha boa tempada sen voar me confirma que aínda non perdín certo toque coa vela pero que me deixa ganass de máis.

Ganas de máis adestramento para a próxima proba da liga galega, ganas de coller altura, ganas de chegar un pouco máis lonxe, ganas de probar cousas novas, de levar os meus límites con tino un pouco máis lonxe... de seguir mellorando... de sentirme cada vez máis libre no aire, esa liberdade que da a perfección e a automatización nos actos cotiáns, que nos permite centrarnos na toma de decisións importantes deixando de lado certos aspectos motores ou intelectivos de menor relevancia.

A miña vela axuda moito nesta tarefa, por suposto unha vez comezas a controlar as reaccións dunha vela DHV 2-3 (¿ou xa debería dicir LTF?), pois a súa elevada tasa de planeo permite ir á procura de novas ascendencias, a súa velocidade lévame a onde quero ir con premura... estou encantado con ela.

Agardo inquedo poder medirme en competición con pilotos mellores ca mín e poder valorar o marxe de mellora con respecto ó ano pasado e aprender todo o que poida.

Por fin voltamos a voar... voar con sensación de liberdade... o aire na cara... percibir as leves variacións na presión da vela e xirar con elas... os cambios de temperatura do aire na térmica... os páxaros marcando a próxima ascendencia... as árbores abaneando na base da que estamos a xirar...

¿¿¿Hai algo mellor no mundo enteiro??? Pode ser... pero aínda non o atopei.

Chuzame! chúzame -

Sábado 9 en Xistredo 4 comments

Esta vez fun a Xistredo coa esperanza de voar. Xuntámonos xente de Galicia con moitos amigos aos que puiden coñecer como Sandra, Marco, Juan Carlos...ou volver a ver despois de meses como Leonor.

A chegada non era moi esperanzadora:

Sábado_9_1

Estaba do leste, pero animosos subimos ao despegue. O presi, e logo Marco fixeron os honores e sairon primeiro.

Sábado_9_2
Nos amosaron como se voa en condicións turbulentas! Os demais esperamos un rato...

Sábado_9_3

Esperamos pacientes:
Sabado_9_3.jpg

Ata que nos trasladamos ao despegue leste, con Marco de novo saindo de "probador".

sabado_9_6

Aterrou arriba e nos animou a sair.
Eu sain en canto puiden, baixei enseguida uns 300 metros, e xusto antes de irme ao aterraxe, conseguin remontar por riba do despegue. A verdade e que arriba estaba algo movido. Logo me comentou Ulises que probablemente sería a capa de inversión.

sabado_9_7

Total, unha hora de vó. Unha pasada de vistas.
Logo se quedou todo moi parado, ata o atardecer.

sabado_9_10
sabado_9_11

Se fixeron uns descensos a última hora, con intento de coller altura no fume dunha queima!!! O caso é non baixar...
Sabado_9_10.jpg

E o domingo...que volo conten os que estiveron alí, porque eu non estaba!!!

Xa quero voltarrrrrr!!!

Chuzame! chúzame -
Top of page / Subscribe to new Entries (RSS)