Análise


Hoxe tiñamos xoguete novo, unha Ozone Rush 2 para probar, xentileza do noso amigo Javier Torrón.

O primeiro "tiento" caeulle ao mediodía, con Samuel e Diego de testemuñas.

Primeiro probeina eu, paseniño...A media era de 30 km/h, así que me daba repelús despegar, pero como todos dín que Ozone anda moito, aproveitei un baixonciño e arriba.

A vela andivo perfectamente, sen darme sensación de "enchinchetamento", e se comportou moi tranquila, para o que eu esperaba.

Me encantou a resposta directa do mando, como con un pelín de corpo o parapente responde rapidísimo, e o podes deter igual de rápido, e pasar dun xiro animado a un estático nun flisgarabís. (Será porque ten moitos menos metros de tela que a miña, a Ellus 2 de SOL???)

Logo a probou Diego, que vos conte el...;)

O segundo tiento foi a tarde tardiña, con Miguel Sancho de reporteiro de luxo.

O vento seguía forte, pero como non había tanta nube, parecía menos. Outra ves a esperar o baixón, a ala, a navegar!

Agora me animei a meter algo máis de mando, e a algunha salida de xiros encadeados, repartín mal o peso do corpo e o parapente nin me amenazou con plegada ou meneo. Ademáis, se deixa correxir perfectamente. E mira que facía vento, que a mans libres un par de veces fun para atrás...

Pareceume unha vela tranquila (doada para un alumno que leve algún tempo e que voe a miúdo), e o mesmo tempo como voa a condenada!!!

Paseino fenomenal, encantoume a maneira en que responde, o doada que é de manter na campa e como anda...O carallo é que hai que devolvela!!!

Chuzame! chúzame -

Cando se produce un accidente todo o mundo bota as mans á cabeza e faise un silencio ó redor, naide quere falar del, parece que incluso preguntar fai dano e magóa ós familiares e amigos.

Cales foron as circunstancias nas que sucedeu, cómo se podería ter evitado, houbo problemas no material?... Todas estas e moitas outras son preguntas que, eu cando menos, penso que se deberían contestar.

Cando hai un accidente de tráfico prodúcese unha investigación que pasa a engrosar unhas estatísticas que buscan mellorar a seguridade de tódolos conductores. ¿Por qué non ocorre o mesmo no parapente?.

Eu propóñovos un "xogo", unha nova sección ou como queirades chamarlle. Cada certo tempo poñer un video dun accidente ou dunha pifia, un de tantos que hai pola rede e comentalo. Qué ocorre, por qué, cómo se podería ter evitado, etc as nosas opinións, abrir un debate, que ó mellor, só ó millor nos axudará nunha circunstancia parecida no futuro ou cando menos nos imprima un espírito autocrítico e de ganas de saber máis do parapente, a súa técnica, física aplicada...

A miña proposta para o primeiro vídeo é a seguinte:

Ver video

¿Vístedelo ben? ¿Qué opinades? Os comentarios están abertos e opinar non custa cartos ;-) :-D

Chuzame! chúzame -