Xuño 2008


Aos ferroláns "competidores" nos acompañaron o profe Xerardo e Salva, ferrolán de adopción...que curiosamente sen gps, plan de vó, nin na de na, voaron mellor que algún competidor...que vos fala.

O día era estupendo, inda que amaneceu de este-sureste. Alumnos de alguén fixeron uns descensos pola cara sur, pero xa pronto rolou a norte - nordés. Por certo, algún alunno, voando na cara sur, apañou algún termicazo, acompañado de colapso dunha orella. O alumno en cuestión escapou rápidamente da zoa movida, e no despegue se escoitaron voces: "Bah!, se solo foi unha orelliña!", e a resposta sabia de Jose, de Portonovo:"Si, pero pegado a orella vai o resto do porco...". Entre risas e comentarios mil, fumos desprazándonos ao despegue norte, e despois de ver voar aos oriundos un ratiño, se publicaronas balizas, e a hora de competir...Por fin!!!

Fumos saíndo, moi convencidos, despois de ver a Cedrón alto, moi alto. Eu soupen xirar as térmicas máis grandes, pero a todos nos derivaban moi atrás, e a primeira baliza era baltar, aló enfrente. Así que despois de probar a coller altura o máis preto posible do aterraxe, e ver como unha e outra vez perdía os metros conseguidos ao avanzar, tentei a “cazar algo” pola ladera. Se pillaba a mesma altura na dereita, quizais podría derivar e chegar con algo de altura a Baltar.Amigo, pero eu non coñecía o sitio, e inda que o principio a escapada parecía prometedora, pinchei coma un porco, e gracias que a dous ou tres metros do suelo, cando ía aterrar na ladera, enganchei un non sei qué e puiden remontar. Pero nada, estaba igual que o principio. Sen paciencia, collín a altura máxima que puiden (en toda a tarde non pasei de 350) e me tirei para Baltar. Perdía altura e non avanzaba, e cando me faltaba aínda 1 km. para a baliza, tiven que buscarme un aterraxe un pouco atrás, nun campo de herba, para non pisar plantacións…

O track completo:

http://www.paraglidingforum.com/modules.php?name=leonardo&op=show_flight&flightID=39827

Foi unha experiencia estupenda, voar cun plan te fai esforzarte moito máis, e a zoa de Baltar pareceume extraordinaria. Que ben o pasei…A organización estivo moi ben, dadas as complicacións da meteo, e a nosa inexperiencia. Noraboa a eles, e gracias pola paciencia infinita.

Chuzame! chuzame -

Xa estou farto de andar sen coche...

Para que digan que o parapente é perigoso (falso) polo momento non me ocorreu nada voando e en cambio non gano para desgustos conducindo, pero non podo evitar botar de menos o coche, xa que me limita moito á hora de ir a voar... sorte que teño bos amigos que me acercan con eles a voar e me traen de volta. Gracias.

E ésa é unha das razóns polas que o luns decidín tentar chegar voando dende Ponzos ata as pistas de atletismo da Malata... para que ninguén me tivera que achegar ata elas para o adestramento dos cativos...

¿Pero a quén tento enganar???

A verdade é que en canto tiven altura non puiden refrenar ese impulso de tentar facer un voo de cross... non me extraña que empece a ter mala fama... "este rapaz en canto ten 300 metros por riba do despegue xa marcha de paseo..." "un día vaste lastimar..." "vas acabar nun árbol..." Pero ¿qué lle vou facer? É superior ás miñas forzas, se hai boas condicións hai que tentar ir a algún sitio, para quedar na ladeira xa están o resto do días, e o luns había unhas nubes estupendas, con teito baixo pero estupendas, e non puiden evitalo.

E se non fora porque a orientación do vento me cambiou tería chegado, e aínda así case reengancho na ladeira, faltou pouco, pero acabei aterrando detrás do bar de Cobas. Aínda así foi un bo adestramento para as próximas competicións, que ésa é outra...

Dentro de nada creo que vou a empezar a usar o parapente para os desprazamentos urbáns... abro a fiestra, un chimpo e fago un planeo para comprar o pan. Non estaría mal... por sorte xa me van a dar en breve o coche e non terei necesidade de facer apaños raros, porque xa comeza a ser vicio pensar en chegar voando a algún sitio para que non me teñan que acercar. Vicioso que é un.

ESTE FIN DE SEMANA PARECE QUE POR FIN SE VAI A INICIAR A LIGA GALEGA EN LAROUCO!!!!!! POR FIN!!!! A VER SE O TEMPO O PERMITE.

Alí marcharemos Marcos e eu, con opcións de que veñan Salva e Xerardo. Alfonso e Marcial quedan a facer a parte común do título de instructor de parapente (que a Xerardo e máis a un servidor lles convalidan ;-) :-p ) e Samuel queda recuperándose dunha operación que tivo para quitar lastre. Un par de pedras no ril que llequitaban un par de puntos de fineza e engadían peso á hora de subir na térmica...

ESPERO QUE TE MELLORES PRONTO E NON TE DEDIQUES COMO XERARDO A AMOSAR CICATRIZ A TODO O MUNDO... Arggggghhh Coa grima que me dan as feridas... e os dous a presumir agora de quén a ten máis grande, xa o estou vendo...

Pois como xa pasou un tempo do voo e se vos conto os meus segredos para voar TAN BEN COMA MIN ;-) :-P ides saber tanto como sei eu, pois simplemente vos vou deixar o tarck do voo para os incrédulos... Javier Villalba gracias por virme recoller e acercarme ata as pistas. E como Marcos tampouco contou nada e hoxe non me apetece demasiado escribir, pois case que o deixo para outra vez se me apetece...

Veña, todos a voar, que está a mellorar o tempo e con él as previsións para os próximos días...

Track do voo

Chuzame! chuzame -

Fixen unha visita por Lapamán, da que traio algunha foto de recordo, e unha aperta de Martín para Xerardo...A ver se se anima a traela en persoa agora no veraniño...

Tiven sorte e disfrutei dun vuelete con Jose e Javier "Lapamán":
http://www.paraglidingforum.com/modules.php?name=leonardo&op=show_flight&flightID=38433
E outro en Loira con moitos compañeiros: Martín, Nacho, Javier...
http://www.paraglidingforum.com/modules.php?name=leonardo&op=show_flight&flightID=38440

hpim2244.JPGhpim2245.JPGhpim2246.JPGhpim2247.JPG

hpim2251.JPGhpim2248.JPGhpim2249.JPGhpim2250.JPG

hpim2252.JPGhpim2253.JPGhpim2254.JPGhpim2255.JPG

 

hpim2256.JPGhpim2257.JPGhpim2258.JPGhpim2259.JPG

 

 

 

hpim2260.JPGhpim2261.JPG

Pero ollo, que en Ferrol se voa igual de ben, e si non, mirade o luns o peor vo da xornada, é dicir, o meu:
http://www.paraglidingforum.com/modules.php?name=leonardo&op=show_flight&flightID=38758

P.D. Alfonso, me encantaría que na páxina de parapenteferrol puxeras unhas indicacións para subir fotos e videos, porque xa teño filecilla, e segue a serme imposible facer nada...Perdoa, pero a ver se con paciencia podo participar subindo arquivos alí...

Chuzame! chuzame -