Pois como vedes onte estivemos voando en Esmelle e probando unha vela, a Ozone Rush2, e unha imaxe vale máis que mil palabras... neste caso un video, pero tamén colgarei en breve máis fotos.

Como moitos xa sabedes eu estiven voando durante un tempo a súa antecesora a Rush e creo que Ozone conseguiu amortiguar bastante a vela sen perder por elo prestacións. Se a Rush era unha vela que non dudaría de catalogar como 2-1, a nova Rush 2 estou convencido de que se queda no medio da homologación 1-2.

Principales diferenzas: bocas de caixóns máis reducidas debido ó aumento do número deles, reducción dos metros de cordinos e novas poleas de acelerador que dan unha suavidade ó acelerador e permiten o uso de cordinos de máis grosor (estou pensando no uso de poleas Harken para o acelerador...).

Creo que non hai diferencias sustanciais no deseño e a ganancia de velocidade e planeo que anuncia Ozone imaxino que se consegue pola disminución do número de cordinos.

Probei a talla S cando eu uso unha M, pero aínda así creo que podo dicir que a vela é rápida (non creo que haxa moita diferencia ó ir un pouco máis descargado), responde ó mando con precisión e ten un xiro xeneroso, pero non tanto como a Rush, quizáis a nova teña un xiro un pouco máis plano e menos divertido, pero por contra mantén mellor a súa presión interna e perdona máis sen meter nin unha soa orelliña como me facía a súa predecesora cando metía a pata.

Resumindo, encantoume a vela, máis amortiguada, especialmente nos cabeceos, e con moitas melloras (planeo, velocidade, poleas...) e cunha nova bolsapara gardala con un diseño máis bonito... creo que tamén cambiaron o diseño da mochila pero aínda non a vin.

Unha vela que hai que probar... e que encantará ós adictos ó tacto Ozone e tamén "a algún forofo da marca Sol que queira reconvertirse á verdadeira relixión" ;-) (É ou non é Marcos?) :-D :-D :-D

Datos técnicos da Rush 2

Chuzame! chuzame -