Diego a entrenar e eu a probar a nova Ozone Rush 2
Hoxe tiñamos xoguete novo, unha Ozone Rush 2 para probar, xentileza do noso amigo Javier Torrón.
O primeiro "tiento" caeulle ao mediodía, con Samuel e Diego de testemuñas.
Primeiro probeina eu, paseniño...A media era de 30 km/h, así que me daba repelús despegar, pero como todos dín que Ozone anda moito, aproveitei un baixonciño e arriba.
A vela andivo perfectamente, sen darme sensación de "enchinchetamento", e se comportou moi tranquila, para o que eu esperaba.
Me encantou a resposta directa do mando, como con un pelín de corpo o parapente responde rapidísimo, e o podes deter igual de rápido, e pasar dun xiro animado a un estático nun flisgarabís. (Será porque ten moitos menos metros de tela que a miña, a Ellus 2 de SOL???)
Logo a probou Diego, que vos conte el...;)
O segundo tiento foi a tarde tardiña, con Miguel Sancho de reporteiro de luxo.
O vento seguía forte, pero como non había tanta nube, parecía menos. Outra ves a esperar o baixón, a ala, a navegar!
Agora me animei a meter algo máis de mando, e a algunha salida de xiros encadeados, repartín mal o peso do corpo e o parapente nin me amenazou con plegada ou meneo. Ademáis, se deixa correxir perfectamente. E mira que facía vento, que a mans libres un par de veces fun para atrás...
Pareceume unha vela tranquila (doada para un alumno que leve algún tempo e que voe a miúdo), e o mesmo tempo como voa a condenada!!!
Paseino fenomenal, encantoume a maneira en que responde, o doada que é de manter na campa e como anda...O carallo é que hai que devolvela!!!
chúzame -




15. maio 2008 at 10:11 am :
FLISGARABIS???
XA TEMOS NOVO TERMO PARAPENTISTICO
JAJJAJJAJ
TA SIMPATICO, EU O DESCOÑECIA, VEÑA E HABER SE TEDES SORTE CO TEMPO POLA SEMAN PRA VOLAR ALGO MAIS
UN SAUDIÑO, JAVIER TORRON
15. maio 2008 at 3:45 pm :
“Flisgarabis: Movemento repentino e vivo do parapente, que inmediatamente se estabiliza con ou sen axuda do piloto” Je, je…