Hoxe foi un día de voo estupendo, aínda que nun principio non o parecía...

Primeiro pasei por Penencia para ver se as condicións do outro día se poderían repetir, pero nin de lonxe. Non fixo o calor do outro día, é máis, pola mañá choveu e despois tiña pinta de tormenta, con un calor abafante e húmido, pero pouco a pouco foron abríndose claros e rematei por achegarme á praia de Ponzos para tentar despegar de abaixo... nada, moi frouxo, non daba nin para levantar, así que me tumbei a agardar a que chegara Marcos... e quedeime trasposto... unha soneca debido o solciño, unha sestiña reparadora... equipado por suposto, non vaia ser que melloren as condicións...

E VAI MARCOS E CHEGA SEN FACER RUIDO CO COCHE, A TRAICIÓN, E... bueno, mellor que o conte él... QUE MALA PERSOA!!! XOGAR COS SENTIMENTOS DUN POBRE PARAPENTISTA!!! CREARLLE ILUSIÓNS A UNHA PERSOA DESEPERADA POR VOAR!!! ISO NON SE FAI!!!

;-) ;-) :-D :-D :-D Bueno, por esta vez vai pasar, pero que non se repita...

Xa contará él o que fixo, que seguro que lle fai máis chiste...

Bueno o caso é que tamén chegou Samuel e tiramos para arriba.

A orientación non estaba mal e de intensidade parecía que só íamos disfrutar dun descenso, pero saimos ó aire e comenzamos a levar ascendencias e descendencias por todos lados. Samuel foinos deixando a Marcos e a min a ladeira e acabou por perder altura e marchou ó aterraxe e Marcos tiña que marchar así que aterrou arriba. Eu aterrei para darlle as chaves do coche e voltei a despegar.

Unhas nubes moi baixas xa comenzaban a entrar polo mar e imaxinando que ían cubrir o monte funme tirando cara adiante por si acaso. As ascendencias debaixo delas voltáronse suaves e máis continuas, podías rascar a base da nube e funme metendo cada vez máis, xogando con elas, saindo polo lateral, buscando novamente dentro delas as ascendencias... Cada vez entraban máis espaciadas e as ascendencias cada vez eran máis "dulces".

Rematei por aterrar porque tiña adestramento, pero podería seguir coa mesma altura (300 metros) por horas, entrando e saindo das nubes, esquivándoas, subindo e baixando, mirando o GPS, xirando co vario...

De vez en cando pensaba que estaba a chover pois vía caer gotas grandes pero resultou ser que a vela estaba empapada e os cordinos convertíranse en colares de perlas de gotas de auga que ó sair da nube brilaban ó sol...

Un día fantástico de voo, disfruteino moitísimo...

Chuzame! chuzame -