Xov 8 Mai 2008
Si é que estaba claro!!!... Árbores a moverse ó ritmo do vento e ó lado o resto que nin movían unha folla... Vento meteo con orientación nordés, moito calor e brétema entrando polo mar... O vento en Penencia con orientación norte-noroeste e con variacións de intensidade... O DÍA ESTABA TÉRMICO!!!! pero eu tiña que comprobalo no aire... en fin, non aprendo... estívome ben empregado, meneo por aquí, meneo por aló, agarrando a vela seguido e Samuel veña preguntarme que cómo estaba pola emisora... PERO NON VES A VELA QUE SE "DESMEMBRILLA"??? E QUE NON CONTESTO POR NON SOLTAR OS FRENOS???!!!
Pois dende abaixo parecía que non se movía tanto, dixo Samuel, Alfonso e Marcos... Pois está visto que "másquina" que é un servidor que controla a vela, pero dende logo no aire era outra cousa ben distinta...
:-D
Ó final quedamos a voar no cortado de Penencia ata que tiven que marchar ós adestramentos dos rapaces... bueno, quedar, quedar... tamén peguei unha voltiña pasando dende o acantilado á ladeira de Monte Ventoso collín altura e outra vez a cobrar!!! QUE NON APRENDO!!! Serei parviño!!!... Pero gustoume saber que non fai falla pisar toxos pola ladeira para coller altura, tamén se pode sair máis adiante.
Un servidor se pode evitalo poucos toxos vai a pisar a partir de agora... bueno, os imprescindibles e algún máis (atoxizaxes incluidos)
Se a cousa segue así creo que podo pronosticar unha primaveira interesante e ... MOVIDA!!!.
chuzame -
Maio 8th, 2008 at 8:53 am
Creo que a orientación N-NO do cortado é debida ao desnivel, é dicir, o cortado fuga con esa orientación. Cando subías máis sobre o cortado, se apreciaba menos ese N-NO, e parecía máis N, e sen dúbida en canto pasaches á ladeira de atrás volaches claramente NE. Eso me pareceu, pode ser?
Maio 8th, 2008 at 9:05 am
Eu opino o mesmo, pero creo que manda sobre todo a actividade xerada na praia, por iso a orientación no cortado fronte á praia… en altura a orientación era máis N-NE, sen chegar a estar tan NE como para estar sotaventados.
Aínda así daba malas vibras e a partir de certa altura estaba moi movido, pode ser que debido a algo de cizalladura e ó aumento do vento meteo.