Dom 4 Mai 2008
Levo un fin de semana moi cansado coas competicións e concentracións de atletismo... non me podo queixar, os meus rapaces non quedaron mal situados de todo, pero non puiden voar...
O domingo nada máis deixar a cada un na súa casa funme a ver o que facían os pilotos ferroláns... polo visto non tiveron un fin de semana especialmente bo, uns poucos descensos e moita campa, xornadas para alumnos, e vento cruzado... así que cando cheguei estaban a tomar algo no bar de Cobas, coa leve esperanza de poder voar algo se "se poñía". Javier Torrón estivera voando co vento cruzado no cortado de Ponzos, con vento forte e agora era o que máis esperanzas de volver a voar tiña, así que despois de tomar algo voltamos á praia xunto con Xesús de Lugo e Luis, un piloto que xa leva un par de anos sen voar da costa lucense e que posiblemente retome o tema e se acerque a voar de cando en cando a Ferrol.
Eu funme pero con máis ánimo de botar unha soneca que de voar e en canto estiraron as velas tumbeime na herba, pero nunha zona "comprometida", na que ó pouco de pechar os ollos me espertou Xabier pasándome moi preto detrás da súa vela...
O vento seguía forte e despois de un par de voos co vento moi cruzado decidimos cambiar de zona, para ir a unha na que o vento entrara máis encarado... unha zona á que habitualmente vamos a facer campa pero non a voar...
Así que ¿ónde pensades que están tomadas as fotos? ¿cal é a nova zona de voo?¿quén está a voar tan elegante de pantalón vaquero?
A ver quén acerta...
chuzame -
Maio 4th, 2008 at 11:34 pm
“El chico de los tenis de oro!” Ou sexa, que a desesperación vos fai voar no paseo de Ponzos…Pois nada, os nordestes os voaremos ahí, no canto de ir a Cariño.
Pero ten que ser con vela unha talla menos, non?
Maio 4th, 2008 at 11:53 pm
Mecachis!!! Tiña que ter tapado o color das zapatillas!!!
Non dicías noutro comentario que había que voar no paseo da Ponte das pías ou na Malata? Non che vale o paseo de Ponzos? É que nunca estamos contentos con nada…
Os delfines saen moi ben voando alí e incluso fixen algún pequeno wingover pasando rozando a area… Gustoume o sitio…
E non sei se se poderá voar con velas que non sexan unha talla menos… bueno, coa miña seguro que sí…
:-D
haberá que vover a probar.
O que sí estiven tentando e non me acabou de sair de todo ben foi a quedarme de pé no bordo da barandilla, ou sentarme nela… quedaba en estático a uns centímetros pero non acababa de contactar… en fin, para outra vez…
Para os que todavía non o leron hai un artigo interesante de Marcos en Parapenteferrol.org… sí, xa sei que non pega esta anotación neste comentario despois de voar nun sitio con unha barandandandandilla tan preto e con vento tan forte
(Nenos, non tratedes de repetilo na casa…)
Maio 7th, 2008 at 10:12 pm
aconsejable por propia experienca
non intentedes repetilo na casa
nin xente pouco fina coma min..
menudo arrastrón
ainda tuven sorte, que me puiden mancar
un saudiño
javier torron
Maio 8th, 2008 at 1:50 am
Aqueles troncos estaban en mal sitio…
Pero bueno, hai que recoñecer que estaba forte o vento e eu ía pasado de peso na túa vela, por certo gracias polo empréstito… non pode ser iso de ir a zoas de voo e que non leve a miña vela.
Moi divertido o sitio e sorprendeume a vela, pensei que era máis lenta, pero claro, ía unha talla por baixo do meu peso e iso tamén se nota… e tamén na maniobrabilidade.
A ver si Luis nos pasa o vídeo dese día… creo que pode estar ben, sobre todo si pillou o momento no que estaba a facer o estático xusto enriba da barandilla e de Xavier Vilalba… o de sentarme no bordo da barandilla ou poñerme de pé nela queda para cando esté un pouco máis suaviño e tranquilo, que tampouco me convence moito a posibilidade de caer para atrás e quedar entre as barandillas… xa sabedes, aprecio que lle ten un ó seu corpiño serrano
:-D

Maio 8th, 2008 at 1:54 am
Pero os delfíns e os wingovers a ras de area non estiveron mal, non si?
Está ben o sitio…
Con nordés forte si non temos tempo para ir a Cariño hai que ir poñéndoo na axenda, e por suposto recórdovos que temos pendiente probar Pantín… non vou a probar eu tódolos sitios novos de voo… Wind dummy sí, pero isto xa empeza a ser vicio…
e con tanto sitio novo despois non vou saber a onde ir…
:-D