Levo un fin de semana moi cansado coas competicións e concentracións de atletismo... non me podo queixar, os meus rapaces non quedaron mal situados de todo, pero non puiden voar... :-(

O domingo nada máis deixar a cada un na súa casa funme a ver o que facían os pilotos ferroláns... polo visto non tiveron un fin de semana especialmente bo, uns poucos descensos e moita campa, xornadas para alumnos, e vento cruzado... así que cando cheguei estaban a tomar algo no bar de Cobas, coa leve esperanza de poder voar algo se "se poñía". Javier Torrón estivera voando co vento cruzado no cortado de Ponzos, con vento forte e agora era o que máis esperanzas de volver a voar tiña, así que despois de tomar algo voltamos á praia xunto con Xesús de Lugo e Luis, un piloto que xa leva un par de anos sen voar da costa lucense e que posiblemente retome o tema e se acerque a voar de cando en cando a Ferrol.

Eu funme pero con máis ánimo de botar unha soneca que de voar e en canto estiraron as velas tumbeime na herba, pero nunha zona "comprometida", na que ó pouco de pechar os ollos me espertou Xabier pasándome moi preto detrás da súa vela... ;-)

O vento seguía forte e despois de un par de voos co vento moi cruzado decidimos cambiar de zona, para ir a unha na que o vento entrara máis encarado... unha zona á que habitualmente vamos a facer campa pero non a voar...

Así que ¿ónde pensades que están tomadas as fotos? ¿cal é a nova zona de voo?¿quén está a voar tan elegante de pantalón vaquero?

A ver quén acerta...

Máis fotos...

Chuzame! chuzame -