Maio 2008
Monthly Archive
Mer 14 Mai 2008
Posted by Diego under
Videos1 Comment
Pois como vedes onte estivemos voando en Esmelle e probando unha vela, a Ozone Rush2, e unha imaxe vale máis que mil palabras... neste caso un video, pero tamén colgarei en breve máis fotos.
Como moitos xa sabedes eu estiven voando durante un tempo a súa antecesora a Rush e creo que Ozone conseguiu amortiguar bastante a vela sen perder por elo prestacións. Se a Rush era unha vela que non dudaría de catalogar como 2-1, a nova Rush 2 estou convencido de que se queda no medio da homologación 1-2.
Principales diferenzas: bocas de caixóns máis reducidas debido ó aumento do número deles, reducción dos metros de cordinos e novas poleas de acelerador que dan unha suavidade ó acelerador e permiten o uso de cordinos de máis grosor (estou pensando no uso de poleas Harken para o acelerador...).
Creo que non hai diferencias sustanciais no deseño e a ganancia de velocidade e planeo que anuncia Ozone imaxino que se consegue pola disminución do número de cordinos.
Probei a talla S cando eu uso unha M, pero aínda así creo que podo dicir que a vela é rápida (non creo que haxa moita diferencia ó ir un pouco máis descargado), responde ó mando con precisión e ten un xiro xeneroso, pero non tanto como a Rush, quizáis a nova teña un xiro un pouco máis plano e menos divertido, pero por contra mantén mellor a súa presión interna e perdona máis sen meter nin unha soa orelliña como me facía a súa predecesora cando metía a pata.
Resumindo, encantoume a vela, máis amortiguada, especialmente nos cabeceos, e con moitas melloras (planeo, velocidade, poleas...) e cunha nova bolsapara gardala con un diseño máis bonito... creo que tamén cambiaron o diseño da mochila pero aínda non a vin.
Unha vela que hai que probar... e que encantará ós adictos ó tacto Ozone e tamén "a algún forofo da marca Sol que queira reconvertirse á verdadeira relixión"
(É ou non é Marcos?)
Datos técnicos da Rush 2
chuzame -
Mar 13 Mai 2008
Posted by marcos under
Análise ,
Videos[2] Comments
Hoxe tiñamos xoguete novo, unha Ozone Rush 2 para probar, xentileza do noso amigo Javier Torrón.
O primeiro "tiento" caeulle ao mediodía, con Samuel e Diego de testemuñas.
Primeiro probeina eu, paseniño...A media era de 30 km/h, así que me daba repelús despegar, pero como todos dín que Ozone anda moito, aproveitei un baixonciño e arriba.
A vela andivo perfectamente, sen darme sensación de "enchinchetamento", e se comportou moi tranquila, para o que eu esperaba.
Me encantou a resposta directa do mando, como con un pelín de corpo o parapente responde rapidísimo, e o podes deter igual de rápido, e pasar dun xiro animado a un estático nun flisgarabís. (Será porque ten moitos menos metros de tela que a miña, a Ellus 2 de SOL???)
Logo a probou Diego, que vos conte el...;)
O segundo tiento foi a tarde tardiña, con Miguel Sancho de reporteiro de luxo.
O vento seguía forte, pero como non había tanta nube, parecía menos. Outra ves a esperar o baixón, a ala, a navegar!
Agora me animei a meter algo máis de mando, e a algunha salida de xiros encadeados, repartín mal o peso do corpo e o parapente nin me amenazou con plegada ou meneo. Ademáis, se deixa correxir perfectamente. E mira que facía vento, que a mans libres un par de veces fun para atrás...
Pareceume unha vela tranquila (doada para un alumno que leve algún tempo e que voe a miúdo), e o mesmo tempo como voa a condenada!!!
Paseino fenomenal, encantoume a maneira en que responde, o doada que é de manter na campa e como anda...O carallo é que hai que devolvela!!!
chuzame -
Xov 8 Mai 2008
Hoxe foi un día de voo estupendo, aínda que nun principio non o parecía...
Primeiro pasei por Penencia para ver se as condicións do outro día se poderían repetir, pero nin de lonxe. Non fixo o calor do outro día, é máis, pola mañá choveu e despois tiña pinta de tormenta, con un calor abafante e húmido, pero pouco a pouco foron abríndose claros e rematei por achegarme á praia de Ponzos para tentar despegar de abaixo... nada, moi frouxo, non daba nin para levantar, así que me tumbei a agardar a que chegara Marcos... e quedeime trasposto... unha soneca debido o solciño, unha sestiña reparadora... equipado por suposto, non vaia ser que melloren as condicións...
E VAI MARCOS E CHEGA SEN FACER RUIDO CO COCHE, A TRAICIÓN, E... bueno, mellor que o conte él... QUE MALA PERSOA!!! XOGAR COS SENTIMENTOS DUN POBRE PARAPENTISTA!!! CREARLLE ILUSIÓNS A UNHA PERSOA DESEPERADA POR VOAR!!! ISO NON SE FAI!!!
Bueno, por esta vez vai pasar, pero que non se repita...
Xa contará él o que fixo, que seguro que lle fai máis chiste...
Bueno o caso é que tamén chegou Samuel e tiramos para arriba.
A orientación non estaba mal e de intensidade parecía que só íamos disfrutar dun descenso, pero saimos ó aire e comenzamos a levar ascendencias e descendencias por todos lados. Samuel foinos deixando a Marcos e a min a ladeira e acabou por perder altura e marchou ó aterraxe e Marcos tiña que marchar así que aterrou arriba. Eu aterrei para darlle as chaves do coche e voltei a despegar.
Unhas nubes moi baixas xa comenzaban a entrar polo mar e imaxinando que ían cubrir o monte funme tirando cara adiante por si acaso. As ascendencias debaixo delas voltáronse suaves e máis continuas, podías rascar a base da nube e funme metendo cada vez máis, xogando con elas, saindo polo lateral, buscando novamente dentro delas as ascendencias... Cada vez entraban máis espaciadas e as ascendencias cada vez eran máis "dulces".
Rematei por aterrar porque tiña adestramento, pero podería seguir coa mesma altura (300 metros) por horas, entrando e saindo das nubes, esquivándoas, subindo e baixando, mirando o GPS, xirando co vario...
De vez en cando pensaba que estaba a chover pois vía caer gotas grandes pero resultou ser que a vela estaba empapada e os cordinos convertíranse en colares de perlas de gotas de auga que ó sair da nube brilaban ó sol...
Un día fantástico de voo, disfruteino moitísimo...
chuzame -
Xov 8 Mai 2008
Si é que estaba claro!!!... Árbores a moverse ó ritmo do vento e ó lado o resto que nin movían unha folla... Vento meteo con orientación nordés, moito calor e brétema entrando polo mar... O vento en Penencia con orientación norte-noroeste e con variacións de intensidade... O DÍA ESTABA TÉRMICO!!!! pero eu tiña que comprobalo no aire... en fin, non aprendo... estívome ben empregado, meneo por aquí, meneo por aló, agarrando a vela seguido e Samuel veña preguntarme que cómo estaba pola emisora... PERO NON VES A VELA QUE SE "DESMEMBRILLA"??? E QUE NON CONTESTO POR NON SOLTAR OS FRENOS???!!!
Pois dende abaixo parecía que non se movía tanto, dixo Samuel, Alfonso e Marcos... Pois está visto que "másquina" que é un servidor que controla a vela, pero dende logo no aire era outra cousa ben distinta...
:-D
Ó final quedamos a voar no cortado de Penencia ata que tiven que marchar ós adestramentos dos rapaces... bueno, quedar, quedar... tamén peguei unha voltiña pasando dende o acantilado á ladeira de Monte Ventoso collín altura e outra vez a cobrar!!! QUE NON APRENDO!!! Serei parviño!!!... Pero gustoume saber que non fai falla pisar toxos pola ladeira para coller altura, tamén se pode sair máis adiante.
Un servidor se pode evitalo poucos toxos vai a pisar a partir de agora... bueno, os imprescindibles e algún máis (atoxizaxes incluidos)
Se a cousa segue así creo que podo pronosticar unha primaveira interesante e ... MOVIDA!!!.
chuzame -
Dom 4 Mai 2008
Posted by Diego under
Fotos[5] Comments
Levo un fin de semana moi cansado coas competicións e concentracións de atletismo... non me podo queixar, os meus rapaces non quedaron mal situados de todo, pero non puiden voar...
O domingo nada máis deixar a cada un na súa casa funme a ver o que facían os pilotos ferroláns... polo visto non tiveron un fin de semana especialmente bo, uns poucos descensos e moita campa, xornadas para alumnos, e vento cruzado... así que cando cheguei estaban a tomar algo no bar de Cobas, coa leve esperanza de poder voar algo se "se poñía". Javier Torrón estivera voando co vento cruzado no cortado de Ponzos, con vento forte e agora era o que máis esperanzas de volver a voar tiña, así que despois de tomar algo voltamos á praia xunto con Xesús de Lugo e Luis, un piloto que xa leva un par de anos sen voar da costa lucense e que posiblemente retome o tema e se acerque a voar de cando en cando a Ferrol.
Eu funme pero con máis ánimo de botar unha soneca que de voar e en canto estiraron as velas tumbeime na herba, pero nunha zona "comprometida", na que ó pouco de pechar os ollos me espertou Xabier pasándome moi preto detrás da súa vela...
O vento seguía forte e despois de un par de voos co vento moi cruzado decidimos cambiar de zona, para ir a unha na que o vento entrara máis encarado... unha zona á que habitualmente vamos a facer campa pero non a voar...
Así que ¿ónde pensades que están tomadas as fotos? ¿cal é a nova zona de voo?¿quén está a voar tan elegante de pantalón vaquero?
A ver quén acerta...



Máis fotos...
chuzame -