Tivemos un fin de semana estupendo de voo en Ponzos... horas no aire, condicións moi tranquilas, colliamos altura e eu volvín a enganchar o pico da vela e pasei esta vez a Meirás...

As vistas alí son estupendas, pasei voando por riba da piscifactoría e fun seguindo unhas gaivotas ata chegar a facer ladeira diante do faro de Meirás, pero con moito coidado xa que non hai opcións de aterraxe abaixo, só o mar, así que en canto tiven 30 metros de altura optei por non arriscar e aterrei... tiven sorte e había moita xente mirando sorprendidos e unha parexa moi amable acercoume ata case Ferrol e dende alí xa me recolleu Alfonso... e xa era a segunda vez que me ía recoller, a primeira foi outra tentativa que fixen ó principio da tarde, pero hacia Doniños, chegando ata a ladeira de San Xurxo-Esmelle e aterrando no sitio de sempre... :-( ;-) xa me está tocando as narices aterrar sempre no mesmo sitio, pero desta vez xa cheguei un pouco máis lonxe.

E preguntarédesvos: ¿Por qué non hai nin video nin fotos feitas por min?

Moi sinxelo... a miña prioridade dese día era probar a miña nova silla de competición Woody Valley X-Rated 4 e facer os últimos axustes.

Acabei moi satisfeito coa silla e xa o primeiro día me adaptei á perfección, xa a vou levar directamente á primeira competición e agora só falta que me cheguen as poleas Harken e adaptalas...

Por sorte Marcos sí levaba cámara e fixo algunhas fotos... e agardo ansioso a que cargue o track do seu voo de ¿cantas horas?...

Track do meu voo a Meirás

Unha última cousiña... como foto desta semana de Ojovolador aparece a foto que enviei voando en Esmelle... creo que será unha cousa estupenda para dar a coñecer as nosas zonas de voo, aínda que a foto en sí, voando tan cerca do mar nun acantilado, como moi ben dixo Ulises, non inspire moita confianza ;-) pero máis vale iso que nada... temos que seguir enviando fotos doutras zonas a ver si hai sorte e volvemos a sair...

Chuzame! chuzame -