Acaba de entrar o anticiclón, metendo nordés e deixándonos un par de días de "descanso" despois da tempada de intensos voos que levamos... tamén me vai a servir para poñerme ó día co blogue.

E é que estes días estivemos realizando unha intensa actividade parapentística... principalmente en canto a voos.

Unha serie de frentes meteron abundante nubosidade e ventos do norte... as nubes teño que recoñecer que me daban mal rollo, grandes desarrollos e moi escuras na base, nembargantes non tiraban nin xeraban grandes ascendencias así que estivemos voando moi altos debaixo de bichos debaixo dos cales noutros sitios no interior nin se me pasaría pola cabeza. En canto ó vento... pois para "variar" en Ferrol seguimos a voar con ventarrón... imos coller mala fama ;-) pero case en todo momento baixo control... haberá que mencionar o "atoxizaxe" de Marcos, Xerardo e Peña no bipraza e o dun servidor que tamén acabou nos toxos cunha racha que debía rondar os 60 kmh xusto cando estaba a despegar dende a praia de Ponzos.

Outros atoxizaxes houbo pero xa non foron por causa do vento... por exemplo Alfonso onte coñeceu as profundidades da espesura dos toxos á dereita de Monte Ventoso... un lugar ampliamente estudiado polos parapentistas da zona... alí hai que ir polo menos unha vez na vida, como a San Andrés, que si non vas de vivo vas de morto.

Pero quitando estas minucias levamos unha tempada de voos moi altos, voando como mínimo 4 horas cada día, voando en Monte Ventoso, en Esmelle, moito en Ponzos e...

Voando no Campo de tiro de Doniños e nas Dunas de Doniños!!!!

En efecto, novas zonas de voo...

No campo de tiro xa se tiñan feito algunhas probas e o outro día confirmouse como nova zona... un oeste que probou Xerardo e logo voamos Pedro, un canario que nos veu visitar, e mais eu mesmo, voando os dous ó mesmo tempo. Neste sitio teste que manter por riba do despegue xa que en canto baixas un pouco xa notas a influencia do sotavento das dunas de enfrente pero pode ser unha opción para variar un pouco as zonas nas que voamos.

En canto ás dunas, é un sitio que xa levo tempo con ganas de probar.

As dunas de Penencia-Doniños teñen orientación Oeste e fai falta bastante vento para voar nelas... un par de veces funme para atrás arrastrado a toda velocidade pola vela case vinte metros sen tocar o chan e véndoo pasar a toda velocidade... por sorte é unha zona despexada e de area branda, sen perigos importantes. É unha zona moi técnica na que andas raseando o chan e que nalgún momento colles unha media ducia de metros e na que en ningún momento podes perder o control da vela... encantoume o sitio... un bo adestramento, lástima que as condicións para voar alí non se dean máis frecuentemente pois trátase dunhas dunas bastante largas... o próximo día vou a tratar de probar as de San Xurxo, que teñen unha orientación máis tirando a noroeste e creo que tamén poden rendir con moito vento.

En canto a voos creo que debo destacar que por fin me puiden pasar voando ó Pico da Vela (por fin)... xa levaba un tempo tentándoo, por suposto as poucas veces que se dan condicións, e por fin o conseguín... non foi moi fácil que digamos e tiven que buscar distintas opcións antes de dar coa correcta... e ésta pasa por unha larga transición por riba do mar sacrificando o último tramo de acantilado pero conseguindo así un tramo de vento enfrentado moito menor... ó chegar ó Pico creía que deseguido iba a notar unha zona de ascendencia pero por contra atopei que o vento resbala na ladeira enfrentada e teste que meter bastante para atopar rendemento... por sorte cheguei con altura suficiente.

Unha vez que inicias a transición tes que ter moi claro o punto de non retorno, a partir do cal xa non hai marcha atrás, a partir do que xa terás que aterrar en Campelo, pois non poderás voltar ou será moi difícil, ou aterrar máis aló... ;-) :-D si, si... máis aló, pois unha vez volves a ganar altura comezas a ter visión de novas opcións... e comencei a plantearme un novo obxetivo...

"Por planeo non das chegado dende o Pico da Vela ata Valdoviño, hai moitos kilómetros". Alguén me dixo iso o día anterior... ;-) :-) Pero sen probar non se sabe... así que aló me tirei cara atrás, tentando buscar algún apoio nunha nube que finalmente se me escapou... pero aínda así aterrei fronte ó posto de salvemento de Valdoviño. Lástima do apoio na nube ou dunhos poucos metros máis antes de sair pois creo que podería ter reenganchado nos acantilados da dereita de Valdoviño e continuar ata Pantín-Cedeira, ou soñando un pouco máis... San Andrés de Teixido!!!

Sen probar non se sabe... podo dicir que teño un novo obxetivo...

Estou encantado con ese voo... polo de agora tan só Juan Cedrón ten chegado voando a Lago e foi metido nunha nube, pero usando os apoios dos acantilados é a primeira vez que se chega a Valdoviño... espero que non sexa a última e poida voltar a tentar chegar un pouco máis lonxe.

Resumindo... ESTÁMONOS A INFLAR TODOS A VOAR!!! NUN MONTÓN DE SITIOS, MOI ALTOS, FACENDO INTENTOS DE SYNCRO CON XERARDO, WINGOVERS, BARRENAS, PLEGADAS... UNHA PASADA DE TEMPORADA DE VOO!!!

Aínda que tamén tivemos algún sustiño... Chema e Marcial contra un cortado, varios "atoxizados", Samuel facendo as súas primeiras ladeiras dende a praia e "raseando" a manga... por sorte nada grave e todos voltaremos ó aire...

 

 

 

 

 

 

 

 

Máis fotos das dunas de Doniños-Penencia.

Máis fotos voando en Esmelle o 31 de Marzo.

Máis fotos dos "Días de tormenta".

Track do voo Ponzos - Valdoviño.

Chuzame! chuzame -