Días de tormenta
Ponzos 18, 21 e 23 de Marzo... Días de tormenta...
Por fin voltamos a voar... o vento na cara... as mans doloridas
polo frío... os xeonllos doloridos de pisar durante tanto tempo o estribo e mailo acelerador...
Por fin entran nortes, e entran con ganas, acompañados de nubes e frío, permitíndonos facer estupendas ladeiras ata Campelo e despegando dende a praia. Pero tamén entran forte. Hoxe sin ir máis lonxe acabei coa vela de competición no medio dos toxos, nada máis despegar unha forte racha me lanzou hacia atrás, sen tempo a reaccionar, só estaban no aire Xerardo e Peña co meu bipraza e tamén os levou hacia atrás, pero eles acabaron mellor parados.
Pero non hai queixa... varios voos de máis de hora e media, dous días nos que o total sobrepasou as 4 horas... estupenda semana, Semana de Paixón...
As nubes asustaban e marcaban cando voar, grandes desarrollos, agua e Arcos da Vella, vento e mar emborregado... Días de tormenta...
Os meus preferidos do 21: Track 1 Track 2

chúzame -




24. marzo 2008 at 12:13 pm :
Pois seguen nortes, hoxe e mañá. Sen tanta poesía, artista, direi que ata eu cheguei a Campelo, así que non ten tanto mérito…jua,jua!
Se fas memoria, verás que eu nunca abandonara a zona de vó, así que é a primeira “excursión”, así que imaxina como me sentín. Cortados adiante, unha transición que normalmente me costa bastante (xa sabes, a primeira), gañar altura no seguinte monte…Unha pasada.
Ata mirei para o pico da vela e deixeille un recado: A próxima, con nubes, me tiro a por el.
Cando voei eu non había nubes, disfrutabamos dun claro clarito, así que non tiña opción. Ademáis picaba NE, e o rotor do pico se facía sentir xa antes da praia. Queda para outra vez.
Logo fixen unha “barrena” (non chegou nin a petardo, en realidade) coa salida máis fina que o outro día…pero pouco máis, je,je.
Cóntanos polo miúdo o do biplaza. Atopei a Xerardo no cine, e estaba escojonado da risa:” Levei a Peñita no bipraza de Diego e nos colleu un nubarrrrrón…ja,ja, e Peñita grabando co móvil, jua,jua…e eu mirando para atrás a ver onde acababamos…”
28. marzo 2008 at 9:28 pm :
Deixade de tanta carallada neste blog e facer algún artigo para a páxina, que non a movedes