Vencer as dificultades
Xa hai un tempo que me estou a dar conta de que hai dúas cousas que determinan o que para mín é un bo voo...
A primeira: non "pinchar", non afundirme.
Moito me fastidia despegar arriba e ter que pór pé á terra no aterraxe, se as condicións están mal séntame fatal e se as condicións están ben... pois imaxina. Por suposto neste grupo non entran os voos de distancia, triángulos, voos nos que se supera ampliamente a altura do despegue, etc
A segunda: Que sexa un voo en condicións difíciles.
Aquí metería eses voos que fas con condicións moi frouxas nas que tes que pelexar cada metro, os voos nos que tratas de chegar a algún punto arriscando ou chegando moi baixo para remontar, os voos novedosos ou que non se fixeron nunca, por exemplo, cruzar a ría... chegarei, non chegarei? Só hai unha forma de sabe-lo... Probar!, eu penso que chego...
Hoxe voei unha hora... foi un deses voos.
Saín un par de veces e aterrei arriba. Á terceira quixen arriscar e buscar cousas novas, facer sempre o mesmo resulta aburrido, e decidín sair da ladeira, cambiar de ladeira. Fun loitando o que había, cheguei a estar á altura das copas dos eucaliptos á esquerda da ladeira de Ponzos, case enriba do bar de Cobas. Fun traballando para voltar sen ter que aterrar nun campo de emerxencia, metro a metro (RENDERSE NUNCA!), xiro a xiro... fun collendo altura, achegándome novamente á ladeira. Mentras tanto foron chegando Xerardo, Peña e Alfonso. Outro metro, outro xiro... perdo dous pero non importa... na próxima fareino mellor e recuperareino... Finalmente logrei chegar arriba... non había vento meteo nin ladeira, só térmicas bastante rotas abaixo, que ían collendo forza... ó pasar por riba do despegue oín un Click! na miña cabeza, desconectei o modo concentración extrema e soltei un berro: CONSEGUINO!!!
Hoxe fixen un voo dos que valen a pena... loitando, buscando seguido, mantendo a concentración en todo momento, xirando sen desánimo por perder algún metro, recuperando o perdido, evaluando as condicións e as opcións seguido... unha hora que despois dunha boa tempada sen voar me confirma que aínda non perdín certo toque coa vela pero que me deixa ganass de máis.
Ganas de máis adestramento para a próxima proba da liga galega, ganas de coller altura, ganas de chegar un pouco máis lonxe, ganas de probar cousas novas, de levar os meus límites con tino un pouco máis lonxe... de seguir mellorando... de sentirme cada vez máis libre no aire, esa liberdade que da a perfección e a automatización nos actos cotiáns, que nos permite centrarnos na toma de decisións importantes deixando de lado certos aspectos motores ou intelectivos de menor relevancia.
A miña vela axuda moito nesta tarefa, por suposto unha vez comezas a controlar as reaccións dunha vela DHV 2-3 (¿ou xa debería dicir LTF?), pois a súa elevada tasa de planeo permite ir á procura de novas ascendencias, a súa velocidade lévame a onde quero ir con premura... estou encantado con ela.
Agardo inquedo poder medirme en competición con pilotos mellores ca mín e poder valorar o marxe de mellora con respecto ó ano pasado e aprender todo o que poida.
Por fin voltamos a voar... voar con sensación de liberdade... o aire na cara... percibir as leves variacións na presión da vela e xirar con elas... os cambios de temperatura do aire na térmica... os páxaros marcando a próxima ascendencia... as árbores abaneando na base da que estamos a xirar...
¿¿¿Hai algo mellor no mundo enteiro??? Pode ser... pero aínda non o atopei.

chúzame -




14. marzo 2008 at 4:02 pm :
si si, mucho tal mucho tal, pero al final pa la playa….jajajajaja
un beso
17. marzo 2008 at 12:31 am :
Sandra…
Fíjate bien en la imagen y dime dónde ves que el track termine en la playa…
:-D
Trazo de ida y trazo de vuelta… luego comienza un arduo remonte que termina pasando por encima del despegue…
“En todo ese día mis botas no ollaron la blanca arena de la playa”… mira detenidamente el track…
Hay que usar más los tamagochis…
17. marzo 2008 at 1:01 am :
jajajaja, ok, mil disculpas…jajaja, es que no entiendo esas maquinitas infernales….jajajaja, y me parecía que habia un pinchazo….y me dije…ahahahaaaa esta es la mía!!! jajajaja
un besazo