Parapente en Ferrol (Galicia) » Page 'De volta de Xistredo'

De volta de Xistredo

O domingo pasado estivemos en Xistredo.

Saimos de mañanciña (non tan de mañanciña como quería Alfonso nin tan tarde como pretendía Xerardo), o suficiente para chegar ó mediodía e encher...

Durante o viaxe Alfonso e Peña non deixaron nin un intre de xogar cos seus novos tamagochis (un vario deixa de cumprir a súa función cando te dedicas a ver qué ocorre cando abres a ventá dun coche a 120 kmh para oir cómo pita, deixa de ser un vario e pasa a ser un tamagochi nas "expertas" mans de Alfonso e Peña... ;-) )

Despois dun largo e sonoro viaxe chegamos a Xistredo... nun principio a cousa parecía que ía ir de descensos pero non foi así... o día anterior xa nos contaran o ben que se voara, e non ía ser menos o domingo... despegamos do leste, menos mal, porque si teño que voltar ó coche cargando co equipo non sei se daría...

Eu só fixen un voo, de case unha hora, xirando case todo o tempo na única térmica que había con Xerardo, un par de frontais asimétricas e unha simétrica, pero frouxiñas. As térmicas ó chegar arriba estaban bastante rotas seguramente pola inversión... funme a dar unha voltiña a ver se atopaba máis e xa deixei a ladeira...

Encantoume o sitio, hai que voltar, que dúas das probas do calendario galego van a ser alí... e o sitio meréceo.

De Ferrol fomos Xerardo, Alfonso, Peña e máis eu... en Lugo uníronse Xabier Torrón e Benito.

Levei a cámara en voo pero non grabei nada... ó meter a cámara no cockpit pulsei o botón de apagado sen darme conta... lástima, porque sairían unhas tomas moi bonitas xirando moi perto con Xerardo, outra vez será.

Pero si queredes ver fotos podedes entrar no blogue de Sandruka ou de Moncho, que sí sacaron fotos...

Track do voo de Xistredo.

A verdade é que hoxe estou un pouco canso e non me apetece moito escribir... SERÁ POLO VOO DE 2 HORAS QUE FIXEN Ó MEDIODÍA EN SAN CRISTÓBAL!!!! Por fin se volve a voar como é habitual... deixolle a Marcos que volo relate él.

Track do voo de hoxe en San Cristóbal.

Chuzame! chúzame -
Like this post? Spread the word!
delicious digg google
stumbleupon technorati Yahoo!

5 comments to “De volta de Xistredo”

  1. ese Dieegoooo jejejejeje
    ya verás cuando tenga mi nueva vela…jajaja, me alegra mucho que os gustara Gistredo, la verdad es que a mi me encanta también…nos veremos más veces por allí!!! jejeej. Un besazo

  2. Miguel y yo estamos viendo el vuelaso de Xistredo, y surge tremenda duda: Como estaba el viento en el aterrizaje? Aterrizaste viento en cola, o que pasa con el track??? Y ahí va otra: Una semana después estuvimos volando en el mismo sitio, y la térmica estaba considerablemente más hacia la izquierda. Puede ser que el viento estuviera de la derecha cuando despegaste???
    Gracias, intentamos comprender el sitio para aprovecharlo mejor la próxima vez…

  3. O que ocorre co track é que lle falta a aproximación final, e non sei por qué… o punto de aterraxe por contra aparece correctamente situado.

    Fixen unha aproximación en “U”, con vento de cola e xirando case no chan para encarar (vago que é un, para non ter que andar).

    A orientación era de este-sudeste… e poñéndose cada vez máis de sudeste.

    A térmica estaba situada enriba dunha zona queimada na ladeira, máis oscura, e subías derivando de este, ata que a certa altura se tumbaba moito máis e se poñía algo máis de sudeste… subías ata chegar ata unha inversión na que chupabas pregadiñas, pero si conseguías aguantar e derivabas mnoito máis con ela podías seguir subiendo unhos metros máis… eu optei por quedar enriba dela, no lugar de arriscar e irme con ela, pois no punto no que estaba tíñaa case asegurada mentres que para atrás arriscábame a perdela e afundirme… un pouco conservador, aínda teño o chip da rush metido na cabeza. De seguro que coa Magic 4 tería planeo de sobra para reenganchar, pero xa me tirara antes a buscar na canteira e costárame voltar, chegando moi baixo e case a ras de ladeira para reenganchar e xirar a térmica.

    Espero que vos servira o meu comentario.

    Un saúdo

    Non sei se poñer o “medio” track do voo do domingo… quedeime sen pilas no medio do voo… agora comprendes por qué quero outro GPS para competir?. Vouno descargar…

  4. E ti por qué non pos o enlace do teu voo de inauguración de GPS-Tamagochi?
    Estou agardando para ver eses 400 metros sobre o despegue… eu só collín entre 250 e 300 o domingo.

  5. Temos que quedar e me ensinas a descargar os tracks…Pero teño o vario de proba!!! 403 mtrs. sobre o despegue leste. Xa me tarda que o vexas :-)

Leave a comment

XHTML - You can use:<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Top of page / Subscribe to new Entries (RSS)