“Si hay un león con la boca abierta le sales por el rabo…”
"Si hay un león con la boca abierta le sales por el rabo..."
Samuel dixit
Hoxe ó mediodía chamoume Marcial para contarme que estaba en Ponzos e que alí estaba norte no aterraxe. Eu xa levaba un bo rato mirando as bandeiras de diante da miña casa, pero en Esteiro o vento aínda estaba Este-Sudeste...
Con estas boas novas non tardei en cargar o coche e marchar para aló. Xa levaba uns días desmotivado por outras razóns pero hoxe decidín que esto non podía seguir así, así que a vida segue, e o mellor para esquecer é voar... voar faime esquecer todo o demáis, despegar os pés do chan é como un interruptor que fai que todo o demáis desapareza, só quedan as zoas de ascendencia, as térmicas, o vento, a soidade, a tensión necesaria dos freos, a vela cortando o vento co seu suave silbido... voar é moi relaxante.
A previsión para hoxe era de que a orientación comenzaba pola mañá sudeste e iba rolando ata nordeste ó mediodía quedando haí toda a tarde e subindo de intensidade, así que imaxinei que non tería moito tempo de norte... e así foi. Cando cheguei xa se puxera nordés e moi cruzado.
Aproveitamos para facer campa mentres o vento ía subindo e decidín non chamar a ninguén pois o día non pintaba nada ben.
Chegou un momento en que o vento acadou unha intensidade que, aínda que totalmente cruzado me permitía despegar e quedar pinchado no aire nun buraquiño da praia... e seguía a subir. Marcial tentou sair un par de veces e nunha delas acadouno, pero foise moi adiente e perdeu a ladeira, pero lonxe de rendirse foi botándolle peito e achegándose á parede, tanto que chegou a tocar con ela coa espalda e aterrar arriba... botoulle un par... pero si a vela lle chega a caer hacia atrás puido ser un susto, por sorte controlouna ben.
O vento seguía a subir e con él eu tamén collía máis altura e comezaba a quedar enchinchetado coa Magic-4... o que indica que xa non estaba para voar con velas dhv 1. Comecei a ter que usar acelerador e o vento cada vez máis cruzado... Rematei voando con rachas por riba dos 45, eu diría que a media estaba rondando precisamente eses 45, xa que o acelerador xa se me fixo imprescindible a maior parte do tempo, e nalgún momento metido a tope.
Vamos, unha xornada de ver "interesantes " arrastróns dende o aire, a xente desbrozando o monte, moito acelerador e... por suposto, engadir que a Magic-4 é unha MAQUINA!!!
Con ningunha outra vela podería ter voado hoxe, e aínda que bastante movido non resultou preocupante en ningún intre.
A aterraxe... ventarrón de aúpa... pinchado e sen case poder chegar ó cortado, avanzando de lado... e vai o vento e remata de cruzarse... afundida de aúpa... consigo meterme ó cortado... a vela cae arriba no aterraxe e eu de pé na baixada á praia... non estivo mal.
Resumindo: Un día para voar con velas moi rápidas... levantar con moito tino... voar sen tocar os frenos e sí o acelerador... non levaba a cámara para grabar as arrastradas da xente en visión cenital
... e a frase do principio é de Samuel comentando unha arrastrada de Marcial, que parece mentira que un tío tan grandote poida ir tan rápido arrastrado por unha vela
. É broma, que se lle ven boas maneiras ó rapaz... botoulle peito achegándose ó cortado... pero cada vez que o vexo na miña imaxinación por riba dos toxos a toda velocidade...
:-D
vexo un león sin rabo...
:-D
Creo que a vida segue... hai que ser positivos... haí fóra estanme a agardar moitas horas de voo, novos despegues, novos retos, nova xente...
A VOARRRRRRRR!!!!!!!!!
chúzame -




Leave a comment