Aproveitando unha visita a miña familia en Lugo, achegámonos Bego e máis eu a ver as zonas de vó do Bierzo. Ademáis pola mañá non facía mal tempo, e daban SO, así que podía ser que Gistredo ou o Cervatín nos agasallaran cun anaco de ingravidez...

En primeiro lugar FELICITAR aos compañeiros de parapente no Bierzo pola páxina fenomenal que teñen e manteñen (tedes o enlace na dereita). Polas indicacións collidas da súa páxina chegamos perfectamente, e recoñecimos a zona de vó sen problema ningún.

Cando chegas a zona de vó, xa ves carteis indicadores, como por exemplo o que marca a aterraxe de Gistredo:

Aterraxe en Gistredo

É unha aterraxe enorme e moi coidada, ó carón da carretera.

Seguindo os carteis subimos, e podedes ver como cambiou a paisaxe, metémonos na bruma, e apareceu a neve. Disfrutamos dunha subida preciosa.

Despegue Gistredo

O despegue, como era de supoñer, estaba cuberto. Lástima, pois a manga estaba orientada e soplaba unha brisa perfecta...

Caseta

A baixada foi delicada, levounos un bon anaco, mais a modiño fumos baixando...
Baixando Gistredo

Voltaremos pronto, esta vez a voar, a xantar en Noceda, e a disfrutar do Bierzo. De novo gracias aos currantes de parapente Bierzo e a diego polos enlaces.

Chuzame! chuzame -