Decembro 2007
Monthly Archive
Mer 5 Dec 2007
Posted by Diego under
VideosNo Comments
Os compañeiros de Parapente Morrazo seguen a engadir contidos na súa páxina web.
Como xa sabedes, os meus preferidos son os videos, e entre eles un que me gustou moito foi o seguinte:
O autor creo que é Martín (compañeiro do exame de alumno avanzado dun servidor
) e ademáis de ter moi boas tomas, de banda sonora puxo a U2, Elevation... un temazo, U2 son o mellor, claro que sí, apañero... estou desexando ver o seguinte.
Facede unha visitiña á súa páxina, é moi recomendable, tedes o enlace na barra lateral deste blogue.
chuzame -
Mer 5 Dec 2007
"Top landing... en dos meses" e unhas bágoas de emoción comenzaron a deslizar polas meixelas de Marcos ó aterrar arriba en San Cristóbal onte.
Non o digo eu... pódese ver no video.
E é que por fin voltamos a voar... por fin están a entrar sudoestes...
Non comento máis porque quere ser Marcos o que relate os voos do día de onte... así que agardo con moito interés o seu comentario.
chuzame -
Lun 3 Dec 2007
O sábado pola noite, como xa dixen nun comentario previo, ceamos no Regueiriño un grupo de amigos. Houbo música, contos, risas, xoldra e unha laconada que aumentou o peso en voo de varios parapentistas, que agora terán que facer réxime para non ter que ir "lastrados" ...
Ahí van algunhas fotos sacadas por Alfonso. (próximamente engadirei o resto en parapenteferrol.org e en parapentegalicia.wordpress.com).

Roberto certificando que o porco está morto antes de que Samuel o diseccione.

Xerardo á guitarra, Damián coros... festa asegurada

O fillo de Damián co trombón antes de que lle fora caendo o tubo de diante a todo o que llo collía para probar a soplar. Segue enteiro de milagre...

Fondo norte... non sei que pasa que a xente lles escapa ós parapentistas que voan a cotío, debe ser que no fondo sur o tema eran os voos, os parapentes, paramotores...

Fondo sur... do medio da mesa para o sur as conversas ían cambiando a monotema: parapente e afíns. A xente escápanos... pero pasámolo ben
Próximamente o resto.
chuzame -
Dom 2 Dec 2007
A rassssss... pero voando ó fin. Con condicións axustadas e unha orientación moderadamente boa puidemos quitar as ganas e non seguir rascando o chan cos dentes polo mono da falta de voo.
Algúns dos alumnos que acaban de rematar o curso fixeron os seus primeiros "largos" nunha ladeira e véselles con moitas ganas e mellorando moito día a día.
A rasssss porque andan cortando os toxos coa punta dos pes para desesperación de Xerardo que sufre cada vez que se achegan de máis á ladeira e pega un respigo e a bronca correspondente. Aínda recordo a miña primeira bronca por pasar moi preto da copa dun eucalipto en Monte Ventoso... (Gracias Xerardo pola paciencia...)
E Miguel rematou nunha toxeira máis alta ca él da que tivemos que ir axudalo a saír (Bueno... que levante a man o que non foi nunca ós toxos... ninguén???
:-D ) por sorte non hai que lamentar desgrazas, que é o importante... unha cousa máis para contar.
Pero hai que ter xeitiño, e non se achegar tanto... que os demáis tamén queremos voar...
no canto de andar a facer camiños polas toxeiras...
Hala xente, que dentro de nada vamos a picarnos por ver quen chega ata As Pontes... a seguir mellorando a este ritmo.
Este video ten mala calidade, especialmente por ter o sol de frente, editeino nun momentiño, só cortar algun trozo e poñer música, pero... como fai tanto que non voo e non poño ningún video pois todo me vale...
De tódolos xeitos axuda a dar un pouco de colorido ó blogue, ou non?
A ver si empezo a levar habitualmente á cámara cando voe e saco algunhas tomas interesantes para un video en condicións.
Tamén teño que suliñar o feito de que ese mesmo día coincidiron por primeira vez no aire 3 Magic en Ponzos: a Magic 1 de Xerardo e as Magic 4 de Roberto e Diego. Roberto e Diego levan exactamente a mesma vela (mesma cor, sen trims, mesma talla...) pero a de Diego xa ven aprendida de Eslovenia e a de Roberto está a aprender
. Un saudiño Roberto e cuidadiño con esa "madre"
que xa verás que non é tan "madre" como ti pensas...
chuzame -
Dom 2 Dec 2007
Os bares son o lugar de reunión por definición do noso país. Despois de calquer encontro cun amigo, dunha reunión de traballo, dunha partida de calquer deporte... o lugar ó que soe ir a xente é un bar.
Nestes lugares ademáis de tomar unhas tazas danse opinións, exprésanse inquedanzas, créanse polémicas ou resólvense cuestións da máis alta importancia, o que deu lugar á expresión "conversas de taberna".
Con este termo sóense definir aqueles conversas de pouca ou moita trascendenza, pero que despertan os instintos máis primarios dos interlocutores, pois soen ir regadas con "doses de néctares libados polos deuses da uva", especifico o da uva porque do cacao tamén se extraen outros "néctares" que preferimos outros non tan versados nos primeiros. (Eu sei distinguir perfectamente entre o Cola Cao e o Baticao, pero son incapaz de distinguir entre un Ribeiro e un Mencía, xa sin entrar en outros refinamentos tales como o corpo, sabores, etc).
Entre os temas soen estar o fútbol (Cómo non!), o sexo, a política, a relixión... ou combinacións dos anteriores... e por suposto... O PARAPENTE e temas afíns.
Si, si... o parapente. Os parapentistas cando non voan pensan en cómo ou onde voar e cando voan... pensan en cómo voar MÁIS.
Este tema puidera parecer a primeira impresión que non da para moitas diferencias de opinión, máis unha afirmación desta índole feita tan a lixeira só puidera ser verquida por alguén que non coñeza a Xerardo e a Alfonso.
Xerardo e Alfonso crean unha polémica a partir de temas tan variados como os perfís reflex, as partículas en suspensión xeradas polos reactores dos avións en altura, se o inferno é endotérmico ou exotérmico, o número de Reynolds e a súa influenza no parapente e no aeromodelismo...
A verdade é que as súas explicacións resultan moi interesantes e divulgativas, especialmente se estás un pouco á marxe da conversa, xa que se " sulfuran" un co outro, fan alusións a que o interlocutor non ten nin p... idea das leis físicas e químicas que rexen o noso universo coñecido e rematan a xornada coa firme promesa de rebatir ó outro despois de revisar bibliografía e hundilo na máis profunda ignominia a través da páxina web.
Así cristalizan diversos artigos publicados na sección FAQ de parapenteferrol.org. Gracias a estas conversas nós aprendemos máis de temas relacionados co parapente dos que non nos preocuparíamos demasiado (creo que o próximo vai ir relacionado cos sondeos e as inversión térmicas... adicado a Roberto) e Xerardo e Alfonso quedan a gusto, xa que aínda que discuten a cotío non sei que farían si lles faltara o outro pois ó día seguinte xa están tan amigos (non é por pensar mal, pero parecen unha parelliña de noivos
).
Aparte destas conversas está a vertente humorística e a xoldra que montan os parapentistas...
De sobra coñecida é a faceta de contacontos e humorista de Xerardo (ten algún co que te esmendrellas, non confundir con desmembrillar, que é o que lle fai a vela a Alfonso cando toca a ladeira) pero tamén está a faceta musical.
Tendo en conta que hai tres profesores de música que voan habitualmente con nós (Marcos e Miguel no conservatorio e Salva nun instituto) e varios músicos máis (o último que coñecín foi o fillo de Damián, pero Xerardo e Peñita non se quedan atrás) o raro sería que nunha cea non apareceran instrumentos por tódalas esquinas.
Así foi este sábado pola noite. Tivemos a cena que nos reúne a todos unha vez ó ano, aínda que faltaron algúns.
Comezaron a aparecer instrumentos, a xente comenzou a cantar, os chistes pasaron a ser cantigas (aínda que teño que dicir que algunha xa tiña uns cantos aniños...
) e o fillo de Damián fixo unha actuación para recordar co trombón... vou a tentar que me deixe a cinta Martín para poñer un extracto e compartila con todos, pois non ten desperdicio.
Martín, como reporteiro oficial da laconada, inmortalizou o evento e agardamos impacientes a crónica...
O resumo a todas estas divagacións é que non falte a festa nin a xoldra, sempre e cando non sustitúa a un bon día de voo, que a vida é moi curta e hai que disfrutala...
chuzame -
« Previous Page