Dom 23 Dec 2007
Hoxe estabamos pensando en ir a voar a Cruz da Cancela ou a Chantada, pero a verdade é que nos levantamos un pouco tarde e a previsión de vento é un pouco frouxa, así que decidimos quedar por aquí, ó fin e ó cabo para facer descensos mellor quedamos na casa e non facemos tantos kilómetros.
Tamén estivemos pensando en ir a Cariño, xa que daba máis vento para o sudeste de alí, pero ó non madrugar xa non vale a pena ir, porque é un voo de mañá.
Acabo de falar con Javier Torrón que vai de camiño á Cruz da Cancela e si vale a pena chámame pero non lle vexo moitas posibilidades. Tamén me dixo que onte estiveron voando alí... e buscando, buscando, pois atopei o vídeo dos voos, imaxino que de onte.
É un vídeo do mesmo autor do do Swift de Cedrón que colguei hai unha temporadiña. No video vese a Jesús (Nitro amarilla e branca) e Javier Torrón (Niviuk vermella e branca). A verdade é que non caigo en quén pode ser o autor (ó mellor aínda non nos coñecemos) pero moitas gracias por andar a grabar e colgar voos de parapente de Galicia, que cando non se voa hai que consolarse cos vídeos e sempre é de agradecer que sexan de xente coñecida e das nosas zonas de voo... A propósito, ¿para cando unha visitiña a Ferrol?
A todo esto Xerardo, Marcos, Marcial, Alfonso, Peña e máis un servidor estiveron voando onte no cortado de Ponzos, co vento un pouco cruzado, pero voándo ó fin e ó cabo...
Eu aterrei xa de noite porque me estaba fastidiando facer esperar a Peña, ó que non lle gusta deixar a naide voando só, e menos de noite, pero si por min fóra seguía... total , eu ben vía e non había ninguén máis na ladeira, estaba alto, e o vento estaba bastante laminar. Pero hai que ser considerado e é de agradecer a preocupación de Peña, que aínda que hoxe madruga para traballar, prefiriu esperar a que aterrara para saber que non me pasaba nada...
Pero digo eu: ¿Para outra vez non sería mellor que en vez de aterrar eu despegaras ti e nos pegamos un vuelazo? Tamén é outra opción...
:-D
A propósito, Marcial e Alfonso fixeron o seu primeiro cortado, e aterrando arriba, que non era tan fácil co vento cruzado como estaba.
Fíxome moita gracia Alfonso que nada máis xirar a primeira volta, viu que estaba alto e en vez de seguir como lle diciamos nós, meteuse para adentro para aterrar arriba, (non vaia ser que se afundira
e despois non puidera dicir que aterrou arriba) pero despois seguimos a voar e foi unhas tarde ben aproveitada.
Pois nada máis por hoxe... a ver si me chama Javier e decidimos qué facer. E compañeiro videoaficionado, esa visita a Ferrol...
PD: Alfonso, no vídeo ó final podes ver o aterraxe de Cruz da Cancela, por iso o colguei... Cables de alta tensión si... pero non será por espacio para aterrar... en sitios máis axustados xa tes aterrado.
chuzame -