dom 23 dec 2007
Ante precaria previsión para voar por aquí, decidín ir a dar un paseo ca miña muller. E causalmente... perdón, quería dicir casualmente, pasei por Pantín, onde Diego avistou un posible vó de NE.
Estando alí dinme conta que levaba o parapente no coche, que causalidad, e convencín a Bego para adicarlle uns minutos a ver o sitio...
Como vedes, a cousa pinta ben. Había vento SE pero as gaivotas non anunciaban sotavento dos montes de enfrente, nin nada raro, collín o parapente para "campar" un pouco e amosarvos o tamaño do despegue-aterraxe.
Estaba casi laminar. Creo que con NE e con NE-E se pode voar perfectamente. Ademáis, non había vento en ningures, e aquí tiven que ter coidado para non despegar.
¿Qué por qué non despeguei? Porque estaba SE... e porque se teño que aterrar un pouco urxente, con orellas, ou levo unha plegadiña diante da miña muller se me complicaría o de ir a voar tan a miúdo.
O contra deste vó é que por detrás do despegue, cae o acantilado, así que o de irse para atrás nun mal despegue te tira ó mar.
chúzame -
decembro 23rd, 2007 at 8:28 pm
Diego, a ver se non montei un cristo ó meter as fotos…
decembro 24th, 2007 at 12:43 am
Non só non montañes ningún cristo ó meter as fotos, senón que creo que a última foto das gaivotas está moi ben… moi boa foto.
Cada vez teño máis ganas de probar ese sitio, pero hai que probalo con boas condicións, alomenos a primeira vez, porque unha complicación pode levarte a uns acantilados de aúpa, ou ó mar… despois xa iremos comprobando as posibilidades, pero polo menos ter un nordés aquí preto.
Tamén teño para probar outra zona de nordés por Valdoviño, pero creo que Pantín pinta mellor.
Xerardo, Alfonso, Peña e máis eu tamén andivemos buscando novas zoas de voo… no noso caso atopamos un posible sudeste, temos que localizar ó dono do despegue, pois sería preciso limpar unha pequena zona de toxos para poder probalo, pero ten bos accesos.
Tamén estivemos noutro nordés, onde estiveches o outro día que limparon o cortalumes de toxos, e alí tamén sería preciso limpar de toxos e falar con algún dono.
En resumo, que si estes sitios fructificaran atoparíamonos de repente con que aquí en Ferrol poderiamos voar en case tódalas direccións.
Hai que ir probando as novas zonas pouco a pouco…
Ferrol vaise consolidando como unha das mellores zonas de Galicia para voar en parapente. Aínda que vai ser preciso limpar de toxos despegues…
decembro 24th, 2007 at 12:47 am
Sorte que “causalmente” levabas o parapente… de todas formas creo que o mellor sitio para despegar é a carretera, e aproveitar hacia á dereita, só meténdonos á esquerda con un pouco de altura para ir probando, e con orientación nordés, pois como moi ben dis se te leva para atrás hai un bon acantilado, que forma unha fuga que te vai hundir e podería dar problemas.