O parapente é un deporte, unha actividade, unha forma de lecer, unha forma de vida, como pon na páxina de Parapente Galicia... pero tamén require de certos sacrificios de vez en cando, non todo é divertirse, de vez en cando hai que aportar cousas ó colectivo, xa sexa material, tempo, esforzo, traballo...

Hai xente que adopta esta idea e colabora dunha maneira incrible... ainda que leven moi pouco tempo voando e aínda case non desfrutaran dos despegues, pero xa se poñen voluntarios e teñen iniciativas solidarias.

Xa sei que me diredes que ésta é unha tónica que se da en case tódolos parapentistas, alomenos falo polos de Ferrol, que son os que máis coñezo, pero Marcial e Alfonso destacan por este aspecto. (Hai máis alumnos deste último curso ós que tamén podería meter no mesmo saco, por exemplo Samuel, que sempre bota unha man a todo, sempre disposto a facer campa, a facer remontes, pero hoxe toca falar da limpeza de despegues, e as cousas boas de Samuel danme para escribir outro día un post enteiro... ou tamén podería falar de xente como Marcos ou Xerardo que levan máis tempo nesto do parapente e sempre botan unha man, pero deses tamén me da para escribir outro día).
Este fin de semana estivemos limpando despegues... por iniciativa de Marcial e Alfonso. Tamén estivemos por alí Marcos, Miguel, Samuel, Xerardo, Javier Torrón (que veu só para iso dende Lugo, chapó por él) e o que escribe. Faltaba xente por ter outros compromisos ou traballo, pero hai que perdoarlles, porque colaboran con outras cousas... ;-) Estou pensando por exemplo en Javier Villalba, que tanto tempo, material e diñeiro leva gastado en manternos o despegue de Ponzos como un campo de golf (Moitas gracias, Javier).

Ó que iba... Que alí nos plantamos, uns para aportar o noso traballo e esforzo, e outros que ademáis diso aportan ferramenta e material, porque con tanta pedra podes destrozar unha desbrozadora, ou as cadeas do tractor, e non custan catro pesos...

Por iso... MOITAS GRACIAS a tódolos que viñeron a axudar a que se poida seguir voando en Ferrol, cada vez en mellores condicións... e por suposto a Alfonso e Marcial, sin os que non sería posible...

Teño que engadir que aparte de traballar tivemos "festa", ou ¿cando se viu que no traballo non se coma ben (Alfonso trouxo un xamón asado e un pan de calidade) e se beba mellor? (Marcial e Alfonso aportaron a súa experiencia escollendo os caldos), especialmente o sábado que entre Marcial, Alfonso e máis un servidor papamos case todo o xamón... tamén traballamos de carall...

Resultado dun fin de semana de bon tempo para traballar e malo para voar: Ampliación do despegue oeste de Ponzos e ampliación e retirada de pedras no norte.

Agora o que non aterra arriba é porque non quere, e despegan varios en cada tanda... Non deixedes de visitar as nosas zoas de voo. Eso sí, coidado polo momento no despegue norte porque despois de tanta pedra que quitamos quedan uns buratos enormes que temos que ir tapando pouco a pouco con terra, pero cando rematemos imos ter unhas das mellores zoas de Galicia, si non a tiñamos antes, e todo iso a base de esforzo, porque por aquí a herba non sae soa e os toxos por contra inzan por todas partes.

Isto me recorda que Marcos e mais un servidor teñen que darlle un repaso a San Cristóbal, para que quede "niquelado"... os que coñeciades San Cristóbal con toxos pola rodilla ides quedar sorprendidos co cambio, así que xa sabedes que hai que visitar Ferrol e vir voar...

Está visto que me quedou un comentario de "peloteo", de contar o boa xente que temos por aquí, de lagrimiñas e abrazos cos compañeiros, vamos, QUE EN FERROL SOMOS A HOSTIA EN VERSO, pero o que é... É, que dicía Manquiña... tamén dicía o de "Profesional, muy profesional..." que tamén me sirve...

PD: O que falamos o outro día na sobremesa de ir a voar a... (hai que vir traballar para saber a ónde imos ir voar, jejejeje) non sei se será mellor deixalo para máis adiante porque ó mellor podemos ir a voar a... (¿non che dixen que hai que ir traballar para saber a onde imos ir voar? jejeje ;-) :-D :-D ) polo menos o sábado despois de ver os cambios na previsión...

Chuzame! chuzame -