Lun 10 Dec 2007
Ponzos, Ponzos…
Posted by marcos under Sen clasificarPor fin nos da unhas alegrías este Ponzos.
O venres estivemos voando os oriundos: Alfonso, Iñaki, Diego e máis eu. Pola mañá, o máis divertido, tiraban as nubes, pero eran as que se formaban en Prior, pequenas e rápidas. Un xiro e xa estabas no sotavento. Aínda así collimos altura e puidemos voar un rato largo.
Un anaquiño despois fora nubes e quedou unha ladera con vento forte, pero laminar como nunca tiña visto. Xa estaban por aquí Salva e Avelino. Aproveitamos para unha lección de winovers de Salva que me aproveitou moito. Diego, claro, xa estaba en San Jorge. Segue ca teima de chegar a Doniños, pero sen nubes era unha derrota cantada. ;). "Toplandins" de todo o mundo, diversión a tope.
Chegou Xerpa e máis Roberto, e se uniron a tan grande evento. Ademáis, Miguel Sancho fixo a súa primeira rasquiladeira. O primeiro bico se esquece, pero a primeira ladeira non...
Entraron nubes de evolución que deixaron voar aos que se quedaron ata o anoitecer.
E hoxe? Hoxe estabamos sobre aviso: NO de 8m/s baixando durante o día. Chamo a Diego: "Esto ten boa pinta. Estou salindo de ferrol hacia Ponzos."...Pero Diego xa estaba chegando ao despegue!!! Polo camiño cambiei de idea debido a unhas árbores e ao movemento das nubes e fun directo ao cortado do aterraxe. Menos mal. Arriba estaba forte de máis para min, pero no cortado despeguei sen atrancos e puiden remontar ata máis arriba do despegue. Diego é testigo. Un rato fantástico, pero tiven que irme a unha do mediodía. Os que chegaron máis tarde, que me conten, aínda que supoño que ás catro se acabará o chollo...
chuzame -
Decembro 10th, 2007 at 8:22 pm
Pois supós mal…
Só teño que dicir que despeguei ás 11:30 en Ponzos, pasei a mañá voando, só aterrando para cambiar as pilas do Gps e baixar o coche para despegar de novo dende a praia.
Logo o vento baixou e cambiamos a Monte Ventoso. Aterrei ás 17:35, porque non me quedaba outra, tiña adestramentos.
Dende Ponzos casi me paso a voar ó pico da Vela de Valdoviño, pasei a mañá indo e vindo pola ladeira ata Campelo, con boa altura.
En Monte Ventoso fixemos unha boa remontada, dende rozar os eucaliptos á dereita da ladeira ata facer varios aterraxes arriba.
Un día espectacular… case 5 horas no aire…
Estou un pouco cansado de tanto voarrrr…
QUE NON!!! QUE É BROMA!!! A VOARRRRR!!!!
Decembro 10th, 2007 at 8:31 pm
DERROTA CANTADA???!!!!
APOSTAMOS ALGO???!!!!!
Si pillo uns cantos días máis así, xa verás si chego a Doniños dende Ponzos ou non…
:-D
O outro día faltoume vento no apoio de Esmelle… si chego a atopar algo xa estaba feito. Só fai falta perseverancia e tempo, meteorolóxico e do outro.
Tras cada fallo vou aprendendo, vexo alternativas, coñezo a zona, estudio novas opcións…
Sorprenderíaste do diferente que foi o primeiro plantexamento para chegar a Doniños ó do outro día, e de ambos saquei conclusións.
Creo que xa teño o plantexamento definitivo… á terceira vai a vencida.
Pero non che vou contar cómo penso facelo…
non vaia ser que me copies…
:-D
Hoxe non cheguei a reenganchar no pico da vela porque si me afundía non tiña quen me fora a buscar a Campelo e boteime para atrás… tiña que voltar con altura para reenganchar…
Todo é unha cuestión de ensaio - erro.
Se non se proba non se vai facer nunca. Alguén ten que ser o primeiro…