Nova sección e proposta
Cando se produce un accidente todo o mundo bota as mans á cabeza e faise un silencio ó redor, naide quere falar del, parece que incluso preguntar fai dano e magóa ós familiares e amigos.
Cales foron as circunstancias nas que sucedeu, cómo se podería ter evitado, houbo problemas no material?... Todas estas e moitas outras son preguntas que, eu cando menos, penso que se deberían contestar.
Cando hai un accidente de tráfico prodúcese unha investigación que pasa a engrosar unhas estatísticas que buscan mellorar a seguridade de tódolos conductores. ¿Por qué non ocorre o mesmo no parapente?.
Eu propóñovos un "xogo", unha nova sección ou como queirades chamarlle. Cada certo tempo poñer un video dun accidente ou dunha pifia, un de tantos que hai pola rede e comentalo. Qué ocorre, por qué, cómo se podería ter evitado, etc as nosas opinións, abrir un debate, que ó mellor, só ó millor nos axudará nunha circunstancia parecida no futuro ou cando menos nos imprima un espírito autocrítico e de ganas de saber máis do parapente, a súa técnica, física aplicada...
A miña proposta para o primeiro vídeo é a seguinte:
¿Vístedelo ben? ¿Qué opinades? Os comentarios están abertos e opinar non custa cartos
chúzame -




6. decembro 2007 at 12:41 am :
Pois si vos parece empezo eu…
Unha diana, voo lento, frenos moi abaixo… eu diría que se trata dun intento por voar demasiado lento para entrar nunha diana (aínda que se ve demasiado alto para facer diana)e que mete a vela en pérdida e autorotación dun lado. Cos nervios segue a frenar e acaba no chan.
¿A vós qué vos parece?. Un penique polos vosos pensamentos, que din os anglosaxóns…
7. decembro 2007 at 9:42 am :
Eso creo, pero digo máis. O exceso de freno é asimétrico (máis do lado dereito). Este lado chega a entrar en pérdida, creo…ou non?
Reflexión: Os despegues e aterraxes son os momentos máis delicados, e coido que non se debe esquencer. Recordades a morte do portugués facendo o pino no despegue? Parece que a veteranía axuda a descuidar estas dúas fases do vó.
8. decembro 2007 at 10:35 am :
E o fríguris da miña campa de onte? vai ser un video para comentar ou deixámolo para o próximo video de tomas fasas? eh?
8. decembro 2007 at 12:18 pm :
Eu tiña pensado deixalo para o próximo de tomas falsas, pero si queres podo facer unha editaxe especial e facer un vídeo adicado…
:-D
9. decembro 2007 at 10:10 pm :
Se queres, podemos comentar o seguinte video:
http://paraglidetv.com/index.php?option=com_seyret&task=videodirectlink&id=976
Podes poñelo nesta sección? Me gustaría ideas sobre a “patadiña SOL”. Espero tamén o comentario de Salva, xa que él e máis eu disfrutamos desta acrobacia a cotío…