As bágoas de Marcos
"Top landing... en dos meses" e unhas bágoas de emoción comenzaron a deslizar polas meixelas de Marcos ó aterrar arriba en San Cristóbal onte.
Non o digo eu... pódese ver no video.
E é que por fin voltamos a voar... por fin están a entrar sudoestes...
Non comento máis porque quere ser Marcos o que relate os voos do día de onte... así que agardo con moito interés o seu comentario.
chúzame -




7. decembro 2007 at 10:07 am :
San Cristobo é un mimoso. Seica debe ser fillo único. Se está da dereita, é perigoso, se está da esquerda non rinde, se hai pouco vento baixas, se hai máis voas para atrás…Pero como é o único SO de Ferrol, hai estamos mimando a este fillo único.
Este día collimos pouca altura, como ademáis a manga non estaba quieta nin medio minuto, tiñas que estar moi pendiente da orientación. As veces agarrar un pouquiño o parapente, pero foi un día de aterrar arriba, por fin. O primeiro vó non rendía todavía e tiven que aterrar abaixo, moi tranquilamente. Diego veu a buscarme, e o seguinte vó xa pertence ao video que aquí vedes.