Parapente en Ferrol (Galicia) » Page 'Voando de novo a rasssssss'

Voando de novo a rasssssss

A rassssss... pero voando ó fin. Con condicións axustadas e unha orientación moderadamente boa puidemos quitar as ganas e non seguir rascando o chan cos dentes polo mono da falta de voo.

Algúns dos alumnos que acaban de rematar o curso fixeron os seus primeiros "largos" nunha ladeira e véselles con moitas ganas e mellorando moito día a día.

A rasssss porque andan cortando os toxos coa punta dos pes para desesperación de Xerardo que sufre cada vez que se achegan de máis á ladeira e pega un respigo e a bronca correspondente. Aínda recordo a miña primeira bronca por pasar moi preto da copa dun eucalipto en Monte Ventoso... (Gracias Xerardo pola paciencia...)

E Miguel rematou nunha toxeira máis alta ca él da que tivemos que ir axudalo a saír (Bueno... que levante a man o que non foi nunca ós toxos... ninguén??? ;-) :-D :-D ) por sorte non hai que lamentar desgrazas, que é o importante... unha cousa máis para contar.

Pero hai que ter xeitiño, e non se achegar tanto... que os demáis tamén queremos voar... ;-) no canto de andar a facer camiños polas toxeiras...
Hala xente, que dentro de nada vamos a picarnos por ver quen chega ata As Pontes... a seguir mellorando a este ritmo.

Este video ten mala calidade, especialmente por ter o sol de frente, editeino nun momentiño, só cortar algun trozo e poñer música, pero... como fai tanto que non voo e non poño ningún video pois todo me vale... ;-) De tódolos xeitos axuda a dar un pouco de colorido ó blogue, ou non? :-D

A ver si empezo a levar habitualmente á cámara cando voe e saco algunhas tomas interesantes para un video en condicións.

Tamén teño que suliñar o feito de que ese mesmo día coincidiron por primeira vez no aire 3 Magic en Ponzos: a Magic 1 de Xerardo e as Magic 4 de Roberto e Diego. Roberto e Diego levan exactamente a mesma vela (mesma cor, sen trims, mesma talla...) pero a de Diego xa ven aprendida de Eslovenia e a de Roberto está a aprender :-D . Un saudiño Roberto e cuidadiño con esa "madre" ;-) que xa verás que non é tan "madre" como ti pensas...

Chuzame! chúzame -
Like this post? Spread the word!
delicious digg google
stumbleupon technorati Yahoo!

Leave a comment

XHTML - You can use:<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Top of page / Subscribe to new Entries (RSS)