Conversas
Os bares son o lugar de reunión por definición do noso país. Despois de calquer encontro cun amigo, dunha reunión de traballo, dunha partida de calquer deporte... o lugar ó que soe ir a xente é un bar.
Nestes lugares ademáis de tomar unhas tazas danse opinións, exprésanse inquedanzas, créanse polémicas ou resólvense cuestións da máis alta importancia, o que deu lugar á expresión "conversas de taberna".
Con este termo sóense definir aqueles conversas de pouca ou moita trascendenza, pero que despertan os instintos máis primarios dos interlocutores, pois soen ir regadas con "doses de néctares libados polos deuses da uva", especifico o da uva porque do cacao tamén se extraen outros "néctares" que preferimos outros non tan versados nos primeiros. (Eu sei distinguir perfectamente entre o Cola Cao e o Baticao, pero son incapaz de distinguir entre un Ribeiro e un Mencía, xa sin entrar en outros refinamentos tales como o corpo, sabores, etc).
Entre os temas soen estar o fútbol (Cómo non!), o sexo, a política, a relixión... ou combinacións dos anteriores... e por suposto... O PARAPENTE e temas afíns.
Si, si... o parapente. Os parapentistas cando non voan pensan en cómo ou onde voar e cando voan... pensan en cómo voar MÁIS.
Este tema puidera parecer a primeira impresión que non da para moitas diferencias de opinión, máis unha afirmación desta índole feita tan a lixeira só puidera ser verquida por alguén que non coñeza a Xerardo e a Alfonso.
Xerardo e Alfonso crean unha polémica a partir de temas tan variados como os perfís reflex, as partículas en suspensión xeradas polos reactores dos avións en altura, se o inferno é endotérmico ou exotérmico, o número de Reynolds e a súa influenza no parapente e no aeromodelismo...
A verdade é que as súas explicacións resultan moi interesantes e divulgativas, especialmente se estás un pouco á marxe da conversa, xa que se " sulfuran" un co outro, fan alusións a que o interlocutor non ten nin p... idea das leis físicas e químicas que rexen o noso universo coñecido e rematan a xornada coa firme promesa de rebatir ó outro despois de revisar bibliografía e hundilo na máis profunda ignominia a través da páxina web.
Así cristalizan diversos artigos publicados na sección FAQ de parapenteferrol.org. Gracias a estas conversas nós aprendemos máis de temas relacionados co parapente dos que non nos preocuparíamos demasiado (creo que o próximo vai ir relacionado cos sondeos e as inversión térmicas... adicado a Roberto) e Xerardo e Alfonso quedan a gusto, xa que aínda que discuten a cotío non sei que farían si lles faltara o outro pois ó día seguinte xa están tan amigos (non é por pensar mal, pero parecen unha parelliña de noivos
).
Aparte destas conversas está a vertente humorística e a xoldra que montan os parapentistas...
De sobra coñecida é a faceta de contacontos e humorista de Xerardo (ten algún co que te esmendrellas, non confundir con desmembrillar, que é o que lle fai a vela a Alfonso cando toca a ladeira) pero tamén está a faceta musical.
Tendo en conta que hai tres profesores de música que voan habitualmente con nós (Marcos e Miguel no conservatorio e Salva nun instituto) e varios músicos máis (o último que coñecín foi o fillo de Damián, pero Xerardo e Peñita non se quedan atrás) o raro sería que nunha cea non apareceran instrumentos por tódalas esquinas.
Así foi este sábado pola noite. Tivemos a cena que nos reúne a todos unha vez ó ano, aínda que faltaron algúns.
Comezaron a aparecer instrumentos, a xente comenzou a cantar, os chistes pasaron a ser cantigas (aínda que teño que dicir que algunha xa tiña uns cantos aniños...
) e o fillo de Damián fixo unha actuación para recordar co trombón... vou a tentar que me deixe a cinta Martín para poñer un extracto e compartila con todos, pois non ten desperdicio.
Martín, como reporteiro oficial da laconada, inmortalizou o evento e agardamos impacientes a crónica...
O resumo a todas estas divagacións é que non falte a festa nin a xoldra, sempre e cando non sustitúa a un bon día de voo, que a vida é moi curta e hai que disfrutala...
chúzame -




Leave a comment