Decembro 2007


Poi sigo subindo vídeos do disco duro... agora tócalle a un de Esmelle, voando coa Atom-2... Véndoo agora coa perspectiva que da o tempo teño que recoñecer que se fai larguísimo. Xa mo dicía Xerardo, pero a min daquela todas estas tomas gustábanme e non quería deixalas fóra. Agora creo que este vídeo me quedaría en 3 minutos como moito.

Quizáis si teño tempo me poña a editalo.

O seguinte que vou a subir é un de Marcos voando coa Airea Aspect en Esmelle, pero iso xa será o ano que ven... ;-) marcho agora mesmo a Lugo a pasa-lo fin de ano coa familia e despois de troula cos amigos, que xa hai tempo que non os vexo.

Chuzame! chuzame -

Estou a rescatar videos que tiña no disco duro sen publicar...

Seguramente o que máis xente estaba a agardar sexa éste... moitos tiñan oído falar da existencia do mesmo, pero só uns poucos afortunados tiveron a posibilidade de ve-lo.

Teño que engadir que no caso de Xerardo non se trata dun choque fortuito, senón que para non ir ó mar ou ás pedras aterra na "ladeira"... eu dubido que puidera facelo tan ben... mirade o vídeo e opinade, pero o sitio para aterrar non está fácil.

Chuzame! chuzame -

Chuzame! chuzame -

Campa en Pantn

Ante precaria previsión para voar por aquí, decidín ir a dar un paseo ca miña muller. E causalmente... perdón, quería dicir casualmente, pasei por Pantín, onde Diego avistou un posible vó de NE.

Estando alí dinme conta que levaba  o parapente no coche, que causalidad, e convencín a Bego para adicarlle uns minutos a ver o sitio...

Como vedes, a cousa pinta ben. Había vento SE pero as gaivotas non anunciaban sotavento dos montes de enfrente, nin nada raro, collín o parapente para "campar" un pouco e amosarvos o tamaño do despegue-aterraxe.

Estaba casi laminar. Creo que con NE e con NE-E se pode voar perfectamente. Ademáis, non había vento en ningures, e aquí tiven que ter coidado para non despegar.

¿Qué por qué non despeguei? Porque estaba SE... e porque se teño que aterrar un pouco urxente, con orellas, ou levo unha plegadiña diante da miña muller se me complicaría o de ir a voar tan a miúdo.

O contra deste vó é que por detrás do despegue, cae o acantilado, así que o de irse para atrás nun mal despegue te tira ó mar.

Chuzame! chuzame -

Hoxe estabamos pensando en ir a voar a Cruz da Cancela ou a Chantada, pero a verdade é que nos levantamos un pouco tarde e a previsión de vento é un pouco frouxa, así que decidimos quedar por aquí, ó fin e ó cabo para facer descensos mellor quedamos na casa e non facemos tantos kilómetros.

Tamén estivemos pensando en ir a Cariño, xa que daba máis vento para o sudeste de alí, pero ó non madrugar xa non vale a pena ir, porque é un voo de mañá.

Acabo de falar con Javier Torrón que vai de camiño á Cruz da Cancela e si vale a pena chámame pero non lle vexo moitas posibilidades. Tamén me dixo que onte estiveron voando alí... e buscando, buscando, pois atopei o vídeo dos voos, imaxino que de onte.

É un vídeo do mesmo autor do do Swift de Cedrón que colguei hai unha temporadiña. No video vese a Jesús (Nitro amarilla e branca) e Javier Torrón (Niviuk vermella e branca). A verdade é que non caigo en quén pode ser o autor (ó mellor aínda non nos coñecemos) pero moitas gracias por andar a grabar e colgar voos de parapente de Galicia, que cando non se voa hai que consolarse cos vídeos e sempre é de agradecer que sexan de xente coñecida e das nosas zonas de voo... A propósito, ¿para cando unha visitiña a Ferrol? ;-) :-D

A todo esto Xerardo, Marcos, Marcial, Alfonso, Peña e máis un servidor estiveron voando onte no cortado de Ponzos, co vento un pouco cruzado, pero voándo ó fin e ó cabo...

Eu aterrei xa de noite porque me estaba fastidiando facer esperar a Peña, ó que non lle gusta deixar a naide voando só, e menos de noite, pero si por min fóra seguía... total , eu ben vía e non había ninguén máis na ladeira, estaba alto, e o vento estaba bastante laminar. Pero hai que ser considerado e é de agradecer a preocupación de Peña, que aínda que hoxe madruga para traballar, prefiriu esperar a que aterrara para saber que non me pasaba nada...

Pero digo eu: ¿Para outra vez non sería mellor que en vez de aterrar eu despegaras ti e nos pegamos un vuelazo? Tamén é outra opción... ;-) :-D :-D

A propósito, Marcial e Alfonso fixeron o seu primeiro cortado, e aterrando arriba, que non era tan fácil co vento cruzado como estaba.

Fíxome moita gracia Alfonso que nada máis xirar a primeira volta, viu que estaba alto e en vez de seguir como lle diciamos nós, meteuse para adentro para aterrar arriba, (non vaia ser que se afundira ;-) :-D e despois non puidera dicir que aterrou arriba) pero despois seguimos a voar e foi unhas tarde ben aproveitada.

Pois nada máis por hoxe... a ver si me chama Javier e decidimos qué facer. E compañeiro videoaficionado, esa visita a Ferrol... :-)

PD: Alfonso, no vídeo ó final podes ver o aterraxe de Cruz da Cancela, por iso o colguei... Cables de alta tensión si... pero non será por espacio para aterrar... en sitios máis axustados xa tes aterrado.

www.turactiv.es 

Chuzame! chuzame -

Chuzame! chuzame -

O parapente é un deporte, unha actividade, unha forma de lecer, unha forma de vida, como pon na páxina de Parapente Galicia... pero tamén require de certos sacrificios de vez en cando, non todo é divertirse, de vez en cando hai que aportar cousas ó colectivo, xa sexa material, tempo, esforzo, traballo...

Hai xente que adopta esta idea e colabora dunha maneira incrible... ainda que leven moi pouco tempo voando e aínda case non desfrutaran dos despegues, pero xa se poñen voluntarios e teñen iniciativas solidarias.

Xa sei que me diredes que ésta é unha tónica que se da en case tódolos parapentistas, alomenos falo polos de Ferrol, que son os que máis coñezo, pero Marcial e Alfonso destacan por este aspecto. (Hai máis alumnos deste último curso ós que tamén podería meter no mesmo saco, por exemplo Samuel, que sempre bota unha man a todo, sempre disposto a facer campa, a facer remontes, pero hoxe toca falar da limpeza de despegues, e as cousas boas de Samuel danme para escribir outro día un post enteiro... ou tamén podería falar de xente como Marcos ou Xerardo que levan máis tempo nesto do parapente e sempre botan unha man, pero deses tamén me da para escribir outro día).
Este fin de semana estivemos limpando despegues... por iniciativa de Marcial e Alfonso. Tamén estivemos por alí Marcos, Miguel, Samuel, Xerardo, Javier Torrón (que veu só para iso dende Lugo, chapó por él) e o que escribe. Faltaba xente por ter outros compromisos ou traballo, pero hai que perdoarlles, porque colaboran con outras cousas... ;-) Estou pensando por exemplo en Javier Villalba, que tanto tempo, material e diñeiro leva gastado en manternos o despegue de Ponzos como un campo de golf (Moitas gracias, Javier).

Ó que iba... Que alí nos plantamos, uns para aportar o noso traballo e esforzo, e outros que ademáis diso aportan ferramenta e material, porque con tanta pedra podes destrozar unha desbrozadora, ou as cadeas do tractor, e non custan catro pesos...

Por iso... MOITAS GRACIAS a tódolos que viñeron a axudar a que se poida seguir voando en Ferrol, cada vez en mellores condicións... e por suposto a Alfonso e Marcial, sin os que non sería posible...

Teño que engadir que aparte de traballar tivemos "festa", ou ¿cando se viu que no traballo non se coma ben (Alfonso trouxo un xamón asado e un pan de calidade) e se beba mellor? (Marcial e Alfonso aportaron a súa experiencia escollendo os caldos), especialmente o sábado que entre Marcial, Alfonso e máis un servidor papamos case todo o xamón... tamén traballamos de carall...

Resultado dun fin de semana de bon tempo para traballar e malo para voar: Ampliación do despegue oeste de Ponzos e ampliación e retirada de pedras no norte.

Agora o que non aterra arriba é porque non quere, e despegan varios en cada tanda... Non deixedes de visitar as nosas zoas de voo. Eso sí, coidado polo momento no despegue norte porque despois de tanta pedra que quitamos quedan uns buratos enormes que temos que ir tapando pouco a pouco con terra, pero cando rematemos imos ter unhas das mellores zoas de Galicia, si non a tiñamos antes, e todo iso a base de esforzo, porque por aquí a herba non sae soa e os toxos por contra inzan por todas partes.

Isto me recorda que Marcos e mais un servidor teñen que darlle un repaso a San Cristóbal, para que quede "niquelado"... os que coñeciades San Cristóbal con toxos pola rodilla ides quedar sorprendidos co cambio, así que xa sabedes que hai que visitar Ferrol e vir voar...

Está visto que me quedou un comentario de "peloteo", de contar o boa xente que temos por aquí, de lagrimiñas e abrazos cos compañeiros, vamos, QUE EN FERROL SOMOS A HOSTIA EN VERSO, pero o que é... É, que dicía Manquiña... tamén dicía o de "Profesional, muy profesional..." que tamén me sirve...

PD: O que falamos o outro día na sobremesa de ir a voar a... (hai que vir traballar para saber a ónde imos ir voar, jejejeje) non sei se será mellor deixalo para máis adiante porque ó mellor podemos ir a voar a... (¿non che dixen que hai que ir traballar para saber a onde imos ir voar? jejeje ;-) :-D :-D ) polo menos o sábado despois de ver os cambios na previsión...

Chuzame! chuzame -

 

 

 


 

 

 

Chuzame! chuzame -

Por fin nos da unhas alegrías este Ponzos.

O venres estivemos voando os oriundos: Alfonso, Iñaki, Diego e máis eu. Pola mañá, o máis divertido, tiraban as nubes, pero eran as que se formaban en Prior, pequenas e rápidas. Un xiro e xa estabas no sotavento. Aínda así collimos altura e puidemos voar un rato largo.

Un anaquiño despois fora nubes e quedou unha ladera con vento forte, pero laminar como nunca tiña visto. Xa estaban por aquí Salva e Avelino. Aproveitamos para unha lección de winovers de Salva que me aproveitou moito. Diego, claro, xa estaba en San Jorge. Segue ca teima de chegar a Doniños, pero sen nubes era unha derrota cantada. ;). "Toplandins" de todo o mundo, diversión a tope.

Chegou Xerpa e máis Roberto, e se uniron a tan grande evento. Ademáis, Miguel Sancho fixo a súa primeira rasquiladeira. O primeiro bico se esquece, pero a primeira ladeira non...

Entraron nubes de evolución que deixaron voar aos que se quedaron ata o anoitecer.

E hoxe? Hoxe estabamos sobre aviso: NO de 8m/s baixando durante o día. Chamo a Diego: "Esto ten boa pinta. Estou salindo de ferrol hacia Ponzos."...Pero Diego xa estaba chegando ao despegue!!! Polo camiño cambiei de idea debido a unhas árbores e ao movemento das nubes e fun directo ao cortado do aterraxe. Menos mal. Arriba estaba forte de máis para min, pero no cortado despeguei sen atrancos e puiden remontar ata máis arriba do despegue. Diego é testigo. Un rato fantástico, pero tiven que irme a unha do mediodía. Os que chegaron máis tarde, que me conten, aínda que supoño que ás catro se acabará o chollo...

Chuzame! chuzame -

Cando se produce un accidente todo o mundo bota as mans á cabeza e faise un silencio ó redor, naide quere falar del, parece que incluso preguntar fai dano e magóa ós familiares e amigos.

Cales foron as circunstancias nas que sucedeu, cómo se podería ter evitado, houbo problemas no material?... Todas estas e moitas outras son preguntas que, eu cando menos, penso que se deberían contestar.

Cando hai un accidente de tráfico prodúcese unha investigación que pasa a engrosar unhas estatísticas que buscan mellorar a seguridade de tódolos conductores. ¿Por qué non ocorre o mesmo no parapente?.

Eu propóñovos un "xogo", unha nova sección ou como queirades chamarlle. Cada certo tempo poñer un video dun accidente ou dunha pifia, un de tantos que hai pola rede e comentalo. Qué ocorre, por qué, cómo se podería ter evitado, etc as nosas opinións, abrir un debate, que ó mellor, só ó millor nos axudará nunha circunstancia parecida no futuro ou cando menos nos imprima un espírito autocrítico e de ganas de saber máis do parapente, a súa técnica, física aplicada...

A miña proposta para o primeiro vídeo é a seguinte:

Ver video

¿Vístedelo ben? ¿Qué opinades? Os comentarios están abertos e opinar non custa cartos ;-) :-D

Chuzame! chuzame -

Next Page »