Primeiro noroeste en condicións dende hai varios meses... e teño que abandonar a ladeira!!!!. Sen comentarios.

Aínda así non dou o día por perdido de todo, tiven boas sensacións coa vela. Creo que me estou adaptando rápidamente a ela, cada vez voo máis tranquilo. Hoxe tiven que frenala moito para poder quedar na ladeira, e despois notei bos planeos nas transicións na busca de ascendencias mínimas. Uns poucos xiros debaixo de nubes, plana cando o precisaba e xenerosa no xiro con comando... pero o mellor segue a ser a velocidade: zzzooooommmm, soltar frenos e taladrar o aire.

Coas condicións de hoxe, saíndo tan baixo de diante do despegue e sen boas ascendencias, chegar ata o final da ladeira, xirar enriba das casas, e dar pasadas pola ladeira busca que te busca (RENDIRSE XAMAIS!!!) sen poder meterse diante do despegue, resulta prometedor coa nova vela... aínda que sei que algún se alegrou de que me afundira... pero non me preocupa, aínda non ten criterio para ver que non se fai o mellor voo por estar máis tempo no aire. ;-) :-)

Chuzame! chuzame -