Parapente en Ferrol (Galicia) » Page 'Ventá de esperanza'

Ventá de esperanza

Por fin parece que se abre un buratiño para a esperanza... despois de tantos días de vento do leste...

Este domingo semella que vai a vir sudoeste, forte e con auga pero sudoeste, e o luns noroeste, tamén forte e con auga... pero bueno menos dá unha pedra. Desesperadiño estou por voar en condicións.

Hoxe estiven con Samuel en Penencia e fixemos un descenso antes de que comenzara a orballar, collimos o bon momento, pero un descenso como que non quita as ganas, onte voei unhos minutiños no cortado de Penencia, ata que tiven unha plegadiña coa Magic 4 e decidía aterrar para marchar a Ponzos e volver a tentalo, con vento cruzado pero polo menos non estaba rotorizado. Un par de pasadas polo acantilado a toda velocidade vento en cola, aterrando no campiño sen ir á praia, un par de carreiras por vento pasado e a recoller...

A ver si se cumple a previsión e voltamos á normalidade...

Chuzame! chúzame -
Like this post? Spread the word!
delicious digg google
stumbleupon technorati Yahoo!

5 comments to “Ventá de esperanza”

  1. Pois ahí estaremos. De todas formas, creo que será S-SE o domingo:

    http://ulla.meteogalicia.es/%7Eorballo/arps_00Z/hoxe/sd_fer.gif
    :(

  2. MARCOS NON ME SEXAS CENIZO!!!
    REPITE COMIGO: SUDOESTE! SUDOESTE!SUDOESTE! E O LUNS: NOROESTE!NOROESTE!NOROESTE!

    Non me chames os malos ventos… Positif… Ich bin positif… que dicía o noso amigo do windgurú… jajajaja

    http://www.youtube.com/watch?v=nxzOdWKDldY

    Dejo el enlace para los pobres incautos que no lo hayan visto… jejeje

  3. Fale, fale…
    SUDOESTE, pero cañote. Propoño estar en San Cristóbal ás 10:00 e voar ata que se poña forte demáis. Chove a partir das 17:48.

  4. Agora que a previsión resulta máis fiable, ésta é a miña intención:

    Tendo en conta que o sábado está prevista unha caída do vento ata case 0, co cal non se vai a poder facer nada, nada interesante alomenos, e que o domingo vai entrar un frente que traerá ventos moi fortes (chegando a 11 m/s a media tarde, pero con 7-8 a media mañá) e chuvia contra a noitiña…

    Propoño usar un rato do mediodía-tarde do sábado para revisar o estado do despegue de San Cristóbal, levamos si podemos o cortacéspede e demáis maquinaria, e poñémolo “estupendo de la muerte”… o resto da tarde e o domingo para facer vida familiar, estudios, adestramentos de outros deportes e demáis actividades pouco “tolerantes” co parapente, porque…

    O luns pinta estupendo para San Cristóbal, especialmente a mediodía, con sudoeste 25-30 kmh, sen choiva, cola de frente diante doutro… vamos que pinta ben a cousa.

    A VOAR! A VOAR! A VOAR! O LUNS A VOAR!

  5. Durante la inspeccion anual de las velas Atom se ha encontrado que las lineas mas bajas de algunos parapentes con uso pesado en escuelas tienen una fortaleza menor a la prevista. Aunque el estado de las lineas no es critico y no se ha reportado ningun fallo en vuelo, Ozone Gliders Ltd. ha decidido a hacer el siguiente aviso de seguridad.

    Las lineas mas bajas de toda Atom XS, S, M y L con numeros de serie entre A[Size]-D-12-101 y A[Size]-D-46-126 debe ser substituidas en el plazo de un año del primer vuelo o despues de 100 horas.

    Los juegos de suspentes para reemplazo son provistos sin cargo para ser instalados por uno mismo. Si su distribuidor no puede proveer los sets de reemplazo por favor contacte el importador principal en su pais o a Ozone directamente. Una lista completa de los importadores principales de Ozone para cada pais se puede encontrar en el Web site http://www.flyozone.com.

Leave a comment

XHTML - You can use:<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Top of page / Subscribe to new Entries (RSS)