Algunhas fotos que tiña sen publicar.
Xa hai tempo que non cargo fotos na Galería por falta de tempo... pero sigo facéndoas cada vez que me lembro. Ata que cargue as fotos no servidor déixovos estes enlaces para que poidades ver as que teño sen engadir.
Hai algunhas de alumnos facendo campa e primeiros voos... o primeiro e "accidentado" voo biplaza de Marcial... accidentado porque acabaron nos toxos...
non vos asustedes polo de "accidentado".
http://parapentegalicia.wordpress.com/2007/11/05/alumnos-haciendo-campa/
Marcos tentando voar con vento cruzado e forte no cortado de Ponzos... eu tamén voei pero ninguén me saca fotos... 

http://parapentegalicia.wordpress.com/2007/11/05/ponzos-30-10-07/
E por último as de este fin de semana no Xistral e no Viveiró. Destas todavía faltan as que sacou Alfonso e entre as que espero que haxa algunha miña.
Que aínda non teño ningunha voando coa "máquina"... 

http://parapentegalicia.wordpress.com/2007/11/05/fin-de-semana-xistral-y-viveiro/
E a ver si vos animades a colgar as vosas fotos na galería ou deixades enlaces...
Un saúdo e bos voos.
chúzame -




11. novembro 2007 at 12:24 pm :
Xa vexo, cando non se voa, a ti dache polas fotos…34 fotos de la RU!!! Está claro que nos está afectando O Leste, como non empecemos a voar, vamos a rematar desquiciados!
Sabes como me afecta a min non voar?
- Miña carpeta de favoritos está a tope de páxinas de parapente. Hasta incluín tres páxinas chinas…
- You tube envioume un email para recomendarme un psicoanalista, visto o meu historial de videos consultado. Dicen que hai un tipo especializado en parapentistas obsesivos.
- A play station vota fume.
- Dóeme o pescozo de mirar cara o ceo, e xa casi me atropellan cinco veces por ir mirando para as nubes…¡qué nin siquiera estaban ahí!
- Vexo matrículas de coche DHV por todas partes, e ata coido que me persigue unha furgoneta dun fontanero que leva pintado un logo: S.A.T.
- Quero cambiar de vela, e a miña é nova e está estupenda.
- Quero cambiar de silla, e a miña é nova e está estupenda.
- Quero cambiar de casco, e o meu é novo e está estupendo.
- Quero cambiar de emisora, e a miña é nova e está estupenda.
- Levei a limpiar o meu coche
- Estou escribindo esta chorrada.
Perdón. Xa me vou.
Vou a volver a ver o performance flying….