Foto de portada en "Ojovolador" para terras galegas:
http://www.ojovolador.com/es/index.html
Aproveitade para ler a interesante reportaxe dootro récord para Frank Brown e compañía. Voan parapentes SOL...
chuzame -
Lun 26 Nov 2007
Foto de portada en "Ojovolador" para terras galegas:
http://www.ojovolador.com/es/index.html
Aproveitade para ler a interesante reportaxe dootro récord para Frank Brown e compañía. Voan parapentes SOL...
chuzame -
Dom 25 Nov 2007
Para los que no saben lo que es un Swift...
Madre mía... como se le dé tan bien volar con el Swift como volar con el parapente, paramotor... Éste de pequeño en clase debía estar todo el día con aviones de papel...
chuzame -
Ven 23 Nov 2007
Primeiro noroeste en condicións dende hai varios meses... e teño que abandonar a ladeira!!!!. Sen comentarios.

Aínda así non dou o día por perdido de todo, tiven boas sensacións coa vela. Creo que me estou adaptando rápidamente a ela, cada vez voo máis tranquilo. Hoxe tiven que frenala moito para poder quedar na ladeira, e despois notei bos planeos nas transicións na busca de ascendencias mínimas. Uns poucos xiros debaixo de nubes, plana cando o precisaba e xenerosa no xiro con comando... pero o mellor segue a ser a velocidade: zzzooooommmm, soltar frenos e taladrar o aire.
Coas condicións de hoxe, saíndo tan baixo de diante do despegue e sen boas ascendencias, chegar ata o final da ladeira, xirar enriba das casas, e dar pasadas pola ladeira busca que te busca (RENDIRSE XAMAIS!!!) sen poder meterse diante do despegue, resulta prometedor coa nova vela... aínda que sei que algún se alegrou de que me afundira... pero non me preocupa, aínda non ten criterio para ver que non se fai o mellor voo por estar máis tempo no aire.
chuzame -
Xov 15 Nov 2007

Por fin parece que se abre un buratiño para a esperanza... despois de tantos días de vento do leste...
Este domingo semella que vai a vir sudoeste, forte e con auga pero sudoeste, e o luns noroeste, tamén forte e con auga... pero bueno menos dá unha pedra. Desesperadiño estou por voar en condicións.
Hoxe estiven con Samuel en Penencia e fixemos un descenso antes de que comenzara a orballar, collimos o bon momento, pero un descenso como que non quita as ganas, onte voei unhos minutiños no cortado de Penencia, ata que tiven unha plegadiña coa Magic 4 e decidía aterrar para marchar a Ponzos e volver a tentalo, con vento cruzado pero polo menos non estaba rotorizado. Un par de pasadas polo acantilado a toda velocidade vento en cola, aterrando no campiño sen ir á praia, un par de carreiras por vento pasado e a recoller...
A ver si se cumple a previsión e voltamos á normalidade...
chuzame -
Mer 7 Nov 2007
Xa hai tempo que non cargo fotos na Galería por falta de tempo... pero sigo facéndoas cada vez que me lembro. Ata que cargue as fotos no servidor déixovos estes enlaces para que poidades ver as que teño sen engadir.
Hai algunhas de alumnos facendo campa e primeiros voos... o primeiro e "accidentado" voo biplaza de Marcial... accidentado porque acabaron nos toxos...
non vos asustedes polo de "accidentado".
http://parapentegalicia.wordpress.com/2007/11/05/alumnos-haciendo-campa/
Marcos tentando voar con vento cruzado e forte no cortado de Ponzos... eu tamén voei pero ninguén me saca fotos... 

http://parapentegalicia.wordpress.com/2007/11/05/ponzos-30-10-07/
E por último as de este fin de semana no Xistral e no Viveiró. Destas todavía faltan as que sacou Alfonso e entre as que espero que haxa algunha miña.
Que aínda non teño ningunha voando coa "máquina"... 

http://parapentegalicia.wordpress.com/2007/11/05/fin-de-semana-xistral-y-viveiro/
E a ver si vos animades a colgar as vosas fotos na galería ou deixades enlaces...
Un saúdo e bos voos.
chuzame -