Novo xoguete
Novo xoguete, que non xoguete novo...
Xa chegou, hoxe de mañanciña fun a recollela a correos. É eslovena, do Team Slovenija, pero agardo que rápidamente se aclimate ás nosas condicións meteorolóxicas...
;-)
Airwave Magic 4

Pois si, unha DHV 2-3 en talla M e cores Sunset (Branco, vermello e amarelo), si, moi en plan "enseña nacional", pero é o que ten comprar velas de segunda man, que o de escoller cores non é fácil, pero das velas de segunda man que tiven ata agora é a miña preferida.
Cecais vai a resultar moi clara e se vai ensuciar moito pero si voa como espero creo que llo poderei consentir.
Como imaxino que Marcos me vai a sair con algún comentario acerca de Sol
:-D :-D, ou de cómo un fanático de Ozone pasa a Airwave, teño que aclarar que a partir de agora as mellores marcas pasan a ser Airwave-Ozone ou no seu defecto Ozone-Airwave...
:-D
Dende hai tempo andaba a buscar unha Mantra 2 de Ozone ou no seu defecto unha Addict, pero dende que Xerardo me deixou probar a súa Magic namoreime da vela... só espero que a Magic 4 teña un tacto tan fantástico como a súa "bisavoa" e que as evolucións da Magic sairan tan ben como espero.
Os datos resultan bastante prometedores, con unha velocidade mínima de 20 kmh, a frenos libres de 39 e máxima de 55, alargamento de 6,22 e unha drástica reducción de metros de cordino e tecnoloxía de 3 bandas, mellor tasa de caída de 1 e un planeo de 10 ou superior con un arnés carenado...
Agora só falta que o boneco que vai colgado debaixo esté á altura da vela... será cuestión de practicar...



Máis información da miña vela.
chúzame -




25. outubro 2007 at 12:30 pm :
Acabo de chegar de facer unha horiña de campa coa Magic 4.
Aproveitei un breve impass entre rachas de vento e un momentiño que tiña libre.
Estiven no aterraxe de Ponzos e estaba bastante cruzado, por momentos sotaventado e con rachas que pasaban de case calma a forte-moi forte.Vamos, un día deses que poderíamos chamar “entretidiño”.
Nada máis levantar a vela deume a impresión de ser outra distinta a que revisei o outro día no módulo de atletismo nada máis chegar de Eslovenia… no módulo pensei “E isto é un alargamento de 6,22???” hoxe pensei: “Só 6,22???”.
Verdadeiramente é super alargada… unha preciosidade de vela… pero moi movida e complicada de controlar, nótase que me falta adaptación.
Estiven todo o rato con plegadas frontais de todo o borde, asimétricas de media vela, arrastradas e… en moitas, moitas ocasions a vela levantoume e deixoume a tres mtros de altura en estático ou voando hacia atrás… pero… MOI SEPARADO DO CORTADO!!!!
É incrible a facilidade desta vela para elevarse e a tendencia que ten a sair, incluso en terreo chan.
En vista desta hora de campa estou vendo que me esperan un montón de horas de campa coa vela, cousa que, todo sea dito, no me molesta o máis mínimo, pois resulta divertidísimo estar controlando a vela continuamente.
Eso si… non perdoa nin a primeira!!! Ou a controlas ou á terra!!!
26. outubro 2007 at 10:35 pm :
Hoxe voltei a practicar coa vela pero xa con mellores condicións… aínda que seguía racheado polo menos non estaba sotaventado.
Estiven un par de horas a practicar con Samuel e despois chegou Marcos, quen tamén se animou a probar a Magic 4.
Con tres horas xa comezo a dominala facendo campa, xa comezo a entender a vela, comezo a notar as plegadas, e poucas foron xa as que non controlei ou que me tiraron a vela. Metín orellas, primeiro dun lado, logo do outro, logo dos dous… fixen estáticos no acantilado, saltos marcha atrás, baixar un estabilo ata terra e deixalo alí parado… vamos o que fago normalmente coa Rush, a excepción de provocar plegadas frontais, que o vou a deixar para máis adiante.
A novidade foi facer wing overs no chan, balanceando a vela dun lado para o outro pasando o estabilo por terra a toda velocidade.
Falando de velocidade… a que collín vento en cola voltando no primeiro salto de galiña que fixen… no aterraxe tiven a altura suficiente pra face-lo redondeo de milagre debido ó derrapaxe.
Mirei un intre a un lado e vin pasar o acantilado a toda velocidade…Impresionante.
Teño que adaptarme á vela, ós xiros, ó tacto… pero iso será o próximo día.
Porque digo eu que haberá que comenzar a voala, non?.
Marcos, xa me dirás qué che pareceu a vela… e cando queiras voala, xa sabes… un pouquiño de lastre e ó aire.
26. outubro 2007 at 10:40 pm :
Xa o esquecía…hoxe tiven unha experiencia “case mística”, que espero que non se repita no aire…
Ante os meus sorprendidos ollos a vela comezou a enrrollarse sobre sí mesma por un lado e foi facéndose cada vez máis pequena de forma lenta e progresiva ata perder a capacidade de voar e chegando ata o outro lado.
Eu pensaba que iso só pasaba nos videos de parapente dos profesionais… pero vexo que non.
1. novembro 2007 at 8:35 pm :
Por certo, quedei impresionado o martes en Ponzos. Ten pinta de ser un maquinón, e xa te vexo con bastante control. Me das a misma sensación que cando estreabas a Rush. Parece unha vela perfecta para ti. Ahora amodo, e a triunfar.
Por certo, aparte caxondeo, a Ellus non é tan, tan lenta, xa o viches.
Agora xa voamos o cortado norte con orientación nordés. Qué nos toca a continuación? Voar Esmelle con Sur?
Moitas grazas polas leccións do martes, sen ti sabelo, me vas axudando a descubrir os trucos dos cortaditos, je,je….:)
2. novembro 2007 at 11:50 pm :
Esmelle con Sur????
Sinto dicirche que iso xa o fixen… con sur-suroeste, na zona das dunas, un día que se me cruzou, e acabei aterrando ó borde do acantilado con marea alta e case mollo os pés…
Nada recomendable… non o penso repetir.
Ademáis non rinde case nada e imaxino que con máis vento estaría moi rotorizado.
E en canto ó das leccións… xa sabes que o de aprender do outro é mutuo… tesme que contar cómo facías para avanzar polo cortado adiante con ese “trocolillo”
e encima acabar arriba mentres eu andaba desesperado a toda velocidade dun lado para outro tentando non irme á praia… 