Novo xoguete, que non xoguete novo...

Xa chegou, hoxe de mañanciña fun a recollela a correos. É eslovena, do Team Slovenija, pero agardo que rápidamente se aclimate ás nosas condicións meteorolóxicas... ;-) ;-) ;-)

Airwave Magic 4

Pois si, unha DHV 2-3 en talla M e cores Sunset (Branco, vermello e amarelo), si, moi en plan "enseña nacional", pero é o que ten comprar velas de segunda man, que o de escoller cores non é fácil, pero das velas de segunda man que tiven ata agora é a miña preferida.

Cecais vai a resultar moi clara e se vai ensuciar moito pero si voa como espero creo que llo poderei consentir.

Como imaxino que Marcos me vai a sair con algún comentario acerca de Sol :-D :-D :-D, ou de cómo un fanático de Ozone pasa a Airwave, teño que aclarar que a partir de agora as mellores marcas pasan a ser Airwave-Ozone ou no seu defecto Ozone-Airwave... :-D :-D :-D

Dende hai tempo andaba a buscar unha Mantra 2 de Ozone ou no seu defecto unha Addict, pero dende que Xerardo me deixou probar a súa Magic namoreime da vela... só espero que a Magic 4 teña un tacto tan fantástico como a súa "bisavoa" e que as evolucións da Magic sairan tan ben como espero.

Os datos resultan bastante prometedores, con unha velocidade mínima de 20 kmh, a frenos libres de 39 e máxima de 55, alargamento de 6,22 e unha drástica reducción de metros de cordino e tecnoloxía de 3 bandas, mellor tasa de caída de 1 e un planeo de 10 ou superior con un arnés carenado...

Agora só falta que o boneco que vai colgado debaixo esté á altura da vela... será cuestión de practicar...

Datos técnicos

 

 

               

 

 

 

Máis información da miña vela.

 

Homologación DHV

Chuzame! chuzame -