Posted by marcos under Sen clasificar
[2] Comments
Pues Diego que compra vela...y yo que vendo. Tengo la Ellus 2 desde principio de año, y no es lo que yo esperaba. Es una vela 1-2 pura y dura. Si la vendo, me voy a pasar a una 2 o a una 1-2 más rápida.
http://www.solparagliders.com.br/es/index.php?option=com_content&task=view&id=570&Itemid=38
Datos técnicos: http://www.para2000.org/wings/index.html
A ver quien se anima...
chuzame -
Novo xoguete, que non xoguete novo...
Xa chegou, hoxe de mañanciña fun a recollela a correos. É eslovena, do Team Slovenija, pero agardo que rápidamente se aclimate ás nosas condicións meteorolóxicas...
;-)
Airwave Magic 4

Pois si, unha DHV 2-3 en talla M e cores Sunset (Branco, vermello e amarelo), si, moi en plan "enseña nacional", pero é o que ten comprar velas de segunda man, que o de escoller cores non é fácil, pero das velas de segunda man que tiven ata agora é a miña preferida.
Cecais vai a resultar moi clara e se vai ensuciar moito pero si voa como espero creo que llo poderei consentir.
Como imaxino que Marcos me vai a sair con algún comentario acerca de Sol
:-D :-D, ou de cómo un fanático de Ozone pasa a Airwave, teño que aclarar que a partir de agora as mellores marcas pasan a ser Airwave-Ozone ou no seu defecto Ozone-Airwave...
:-D
Dende hai tempo andaba a buscar unha Mantra 2 de Ozone ou no seu defecto unha Addict, pero dende que Xerardo me deixou probar a súa Magic namoreime da vela... só espero que a Magic 4 teña un tacto tan fantástico como a súa "bisavoa" e que as evolucións da Magic sairan tan ben como espero.
Os datos resultan bastante prometedores, con unha velocidade mínima de 20 kmh, a frenos libres de 39 e máxima de 55, alargamento de 6,22 e unha drástica reducción de metros de cordino e tecnoloxía de 3 bandas, mellor tasa de caída de 1 e un planeo de 10 ou superior con un arnés carenado...
Agora só falta que o boneco que vai colgado debaixo esté á altura da vela... será cuestión de practicar...
Datos técnicos



Máis información da miña vela.
Homologación DHV
chuzame -
Paseando pola rede, e de pura casualidade, dei coa páxina web do Refuxio Lumeboo.
Cal foi a miña sorpresa o ver alí fotos de parapente en Monte Ventoso, algunha moi boa...
Moitas gracias dende aquí ó webmaster desta páxina por difundir o noso deporte e por sacarme unha foto que me gustou moito.

Foto: Iberinet.es
Podes ver máis información acerca do Refuxio Lumeboo en http://www.lumeboo.es
chuzame -