Dom 30 Set 2007
Dende que comenzou a funcionar a páxina parapenteferrol.org, nos despegues de Ferrolterra é cada vez máis habitual oir falar de cuestións informáticas ademáis das habituais crónicas parapentísticas.
As que máis ampollas levantan son ás referentes a si Linux si ou si Windows non... e a súa versión light de si Firefox é mellor navegador que Internet Explorer.
No tocante a min, usuario de Firefox, non ten maior relevancia, pero é que son bastante paquete no tocante a termos informáticos, administración de webs, blogs e demáis... pero faime moita gracia ver a vena que lle sae a Alfonso cada vez que Xerardo comenta que Linux non o usa ninguén ou a de Xerardo cada vez que Alfonso comenta que a maioría de visitantes da páxina usan Mozilla Firefox. Despois comezan con termos como bla, bla, bla, bla... Perdón... é que cando comezan con cuestións técnicas xa me perdo e comezo a pensar nas miñas cousas...
O video que vos poño a continuación fíxome moita gracia e resultou ser o xermen desta nova:
¿Qué explorador usades os usuarios que entrades en parapenteferrol? ¿Podería este tema dar para unha controversia no foro? Pero de bon rollo...
¿Qué cambiaríades ou melloraríades na páxina?
Cómo se nota que se voa pouco últimamente, ¿non?
chuzame -