Son un namorado da zona de vo de Cerdedo, inda que por situación (A case dúas horas de Ferrol) non me achego alá moi a miúdo.

Cerdedo é un val semi aberto, orientación NO, no que confluyen meteo, local e as veces a brisa de mar, que inda que lonxe pode chegar a influir nas condicións.

Este ano voei de maravilla tódalas veces que fun aló, menos unha (síntoo, Diego ). En tódalas ocasións sucedeu o seguinte:

Pola mañá a orientación non vale, porque fácilmente o sol fai que tiren máis as ladeiras este, pero se a meteo axuda ou as nubes, o primeiro vo pode ser xa dende as 14:00. Este vran collin un día 300 mtrs. e onte 170 nestas condicións.

Logo tivemos unha franxa de 16:30 a 17:30 non voable pola mala orientación, o que non é frecuente. A partir de ahí, voamos de maravilla ata o anoitecer.

O máis diferente, para min, na maneira de voar en interior é os contínuos xiros, ás veces moi cerrados, que se requiren, e como pasas de 150 mtrs. a 80 nun suspiro. Eu estou afeito a ladera de Ventoso, que non require este tipo de xiros, ou as nubes, que en Ferrol moitas veces forman calles e polo tanto tampoco se xiran como unha térmica. Somentes algunhas veces en Ponzos existen nubes ailladas que me recordan a forma de voar do interior.

Onte, nun ciclo baixo, os sete parapentistas que estabamos voando perdimos altura. Todos (cada un na súa altura) nos tiramos a unha térmica que xa descubrira antes Jürguen nunha remontada espectacular. Comezaba no centro do val e derivaba N-NE. Todos a souberon atopar, menos eu, que, segundo me explicou Jose despois, estiven pexando con ela moi no seu sotavento sen chegar a centrala. Xirando, xirando, para un lado e para o outro non conseguía máis que ir perdendo metro a metro ata que xa me vin moi baixo para seguir intentando subir e aterrei. Foi o momento máxico, tódolos demais colleron entre 500 mtrs. e os 600.

Toño, un parapentista do lugar que estaba no aterraxe me subiu ao despegue, salín outra vez e disfrutei dunha termoladera ata que tivemos que baixar para voltar á casa.

As zoas de Ferrol son tan ou máis bonitas, pero creo moi positivo alternar, cando se pode, con outros vós deste tipo.

Non é?

Despegue e aterrizaxe de Cerdedo

Chuzame! chúzame -