Aprendendo a voar
As instruccións dos veteranos, compañeiros e amigos son inestimables en tódolos ámbitos da vida. No parapente non hai excepcións, tamén é así. Mais no parapente entra en xogo un conxunto de sensacións que somentes o piloto pode calibrar e valorar.
Coido que a primeira destas sensacións que require certa independencia é a que transmite a propia vela. Despois de voar unha mesma vela uns meses, ata un principiante pode ter moi claro como se vai a desenvolver o seu parapente en determinadas circunstancias (velocidade de vento, térmica, planeo...).
Casos prácticos:
O outro día estivo voando con nos Roberto en Penencia. Case sen vento, despegou e tivo unha afundida brutal. Tivo que virar bruscamente para esquivar os primeiros eucaliptos e aterrou nos toxos. Aquí abrimos todos un sarta de opinións, cada cal máis interesante, e Roberto veña a dicir (ignorante) que a súa vela tiña algo raro. Ao final se impuxo a idea de que a silla estaba mal regulada, e que sen querer Roberto meteu en perdida o parapente. Aclaro que roberto estaba probando unha silla nova. Os argumentos foron aceptados incluso por Roberto.
Preparado, listo e en 30 minutos xa estaba listo para despegar outra vez ca súa silla de sempre. Últimos consellos: “Roberto, inda que penses que non pasas, segue recto contra os eucaliptos, que xusto antes te chimpa e pasas de sobra”.
Aí vai Roberto. Todos no despegue. “Pois si que se afunde bastante, eh?”, “Coño, parece que non lle vai dar para pasar”, e finalmente “Hostia, que non pasa!!!”. De novo manobra no último segundo antes de estamparse contra os eucaliptos, e de novo aos toxos.
A vela estaba bestialmente porosa, e a sensación de Roberto era a correcta: A vela tiña “algo” raro. Probablemente acostumado a voar con bastante vento, non apreciara o problema ata ese día.
chúzame -




22. agosto 2007 at 12:31 am :
Tan interesantes coma sempre os teus comentarios…
Por sorte o de Roberto non foi máis que un par de sustos. Uns días antes estivo voando en Arcones e tivo que aterrar na ladeira… non quero pensar o que puido pasar de estar alto e ter unha plegada.
Agora espero que lle chegue pronto a súa nova vela e disfrutemos novamente da súa presenza por Ferrol.
Corren rumores de que comprou unha vela dunha marca que a Marcos lle gusta… eu sigo pensando que é moi lenta.
:-D
30. agosto 2007 at 4:50 pm :
Eu tamen creo que a vela que se vai a mercar, sempre según rumores, e fantástica.