Parece ser que está fixada data para o exame que moit@s levamos tempo agardando. Finalmente o día 1 e 2 de setembro terán lugar as probas para acadar o nivel de alumno avanzado no Iroite.
Como sabedes, no regulamento de parapente este exame non aparece nos dereitos dos alumnos, senón nos deberes.
Nun deporte como o noso é fundamental, penso eu, avanzar, informarse e formarse a tódolos niveis posibles para voar moitos anos con máis seguridade e mellores experiencias. Animarse, xente, que esta proba nos plantexa un reto a corto prazo. A por el.
Instructores, non vos esquezades de apuntar e avisar aos alumnos que deben facer este exame.
Un abrazo, e vémonos.
chuzame -
Posted by marcos under Sen clasificar
[2] Comments
As instruccións dos veteranos, compañeiros e amigos son inestimables en tódolos ámbitos da vida. No parapente non hai excepcións, tamén é así. Mais no parapente entra en xogo un conxunto de sensacións que somentes o piloto pode calibrar e valorar.
Coido que a primeira destas sensacións que require certa independencia é a que transmite a propia vela. Despois de voar unha mesma vela uns meses, ata un principiante pode ter moi claro como se vai a desenvolver o seu parapente en determinadas circunstancias (velocidade de vento, térmica, planeo...).
Casos prácticos:
O outro día estivo voando con nos Roberto en Penencia. Case sen vento, despegou e tivo unha afundida brutal. Tivo que virar bruscamente para esquivar os primeiros eucaliptos e aterrou nos toxos. Aquí abrimos todos un sarta de opinións, cada cal máis interesante, e Roberto veña a dicir (ignorante) que a súa vela tiña algo raro. Ao final se impuxo a idea de que a silla estaba mal regulada, e que sen querer Roberto meteu en perdida o parapente. Aclaro que roberto estaba probando unha silla nova. Os argumentos foron aceptados incluso por Roberto.
Preparado, listo e en 30 minutos xa estaba listo para despegar outra vez ca súa silla de sempre. Últimos consellos: “Roberto, inda que penses que non pasas, segue recto contra os eucaliptos, que xusto antes te chimpa e pasas de sobra”.
Aí vai Roberto. Todos no despegue. “Pois si que se afunde bastante, eh?”, “Coño, parece que non lle vai dar para pasar”, e finalmente “Hostia, que non pasa!!!”. De novo manobra no último segundo antes de estamparse contra os eucaliptos, e de novo aos toxos.
A vela estaba bestialmente porosa, e a sensación de Roberto era a correcta: A vela tiña “algo” raro. Probablemente acostumado a voar con bastante vento, non apreciara o problema ata ese día.
chuzame -