A entrenar…
Despois do pinchazo en Larouco teño que reconocer que pasei uns días un pouco molesto. Non agardaba ter pinchado tan rápido na competición, pero despois, con tempo, todo se ve con unha perspectiva máis positiva.
En Larouco aprendín moito. Sobre todo comencei a usar o GPS, a sacarlle proveito. Agora voo con él á vista nun cockpit que me prestou Javier Torrón ata que chegue o que lle teño pedido. Resulta un aparello moi útil cando comezas a saber usalo.
Tamén me resultou fascinante o ambiente da competición. É outro mundo distinto ó que estou acostumado voando en Ferrol, e ver a todos eses "máquinas" no aire resulta moi instructivo. E despois escoitar os seus comentarios acerca dos voos, as anécdotas dos incidentes no aire, voos noutros lugares, velas, material... moi instructivo.
Moi instructivo pero a min quedoume a espiña cravada de non chegar un pouquiño máis lonxe... así que unha vez rematados os adestramentos e competicións de atletismo púxenme a adestrar.
Adestrar en parapente soa un pouco raro... pero raro, raro, raroooo... vamos, o que fixen foi voar todo o que puiden...
E tiven sorte porque levamos uns días que nos estamos inflando a voar en Ferrol.
Vale, xa sei que en Ferrol non se colle moita altura e que non hai térmicas fortes...
EEEEPPPPPAAAAAAAAAAA!!!!!!
QUÉN DIXO TAL??????
Estamos xirando térmicas dende hai unha boa temporada en Monte Ventoso... e vaia térmicas... difíciles de xirar porque son moi estreitas e estás moi preto do monte, pero duras... menudo tiovivo estiven disfrutando o outro día...
Un bo adestramento, creo eu...
E é que volvo a competir... a ver se hai máis sorte.
Esta vez vai ser na Liga nacional en Arcones (Segovia). Tiña pensado marchar antes para ir ó XC Arcones previo, pero como a federación nos paga a inscripción á liga nacional e só un desplazamento nun vehículo vou marchar con Ulises e Cedrón seguramente o mércores.
A verdade é que de non ser porque me paga a inscripción a federación, non sei se podería ir... (100 euros de inscripción resulta un pouco caro se empezas a ir a moitas competicións, e outros 100 para o XC, e logo aloxamento, desplazamento, material...).
Imaxino que á xente que ten algún tipo de patrocinio lle compensará, pero se non tes apoios económicos como é o meu caso, a verdade é que competir resulta moi caro. Sobre todo tendo en conta que non vivo desto, non deixa de ser unha afición (unha paixón case enfermiza ó mellor resulta máis apropiado).
En canto ós voos de estes días hai dous destacables:
O primeiro dende Monte Ventoso ata as antenas de Ares, cruzando a ría de Ferrol, (creo que é a primeira vez que se cruza voando en parapente). Estou analizando todavía o voo e pensando se fixen ben en non usar o acelerador ou se foi un erro non pisar e darlle "chancletazo".
O voo gustoume, a ría fíxoseme eterna, pese a ir a 55 km/h, e ó mellor puiden chegar un pouco máis lexos, pero pareceume máis seguro aterrar na cima do monte e evitarme algún sotavento nunha zona que non coñecía e que non vía.
O mal trago veu despois... os que me coñecedes xa sabedes por qué o digo e como non me apetece recordalo pois paso de escribir.
Simplemente vos deixo o track do voo para que o vexades e fagades os comentarios que queirades.
Track do voo de Monte Ventoso - Antenas de Ares.
O segundo foi da segunda vez que me consigo pasar á ladeira da dereita de Ponzos e chegar ata a praia de Campelo. A primeira non levaba o GPS e non vos puiden poñer o track, pero esta vez sí que o levaba e ahí volo deixo.
Track do voo na ladeira de Ponzos.
O voo non é excesivamente técnico, pero é difícil dar co día co vento perfectamente encarado.
Ese día estaba, co cal vas con máis confianza, pois unha vez na ladeira, se te hundes podes acabar fácilmente aboiando no mar. E o mellor é que fun varias veces ata aló.
O resto dos días tamén voamos, en Ponzos e en Monte Ventoso, con variedade de resultados, dende pinchazos debaixo das nubes, pasando por voos cortos con aterraxes arriba, outras veces tentativas de aterrar arriba en Monte Ventoso pasando 5 minutos a 1 metro do chan e con meneos continuos...
Vamos que tivemos caña para adestrar, sobre todo en Monte Ventoso que se está a consolidar como un lugar co que teñen que ter coidado os alumnos e os que se están a iniciar.
Hoxe o vento está moi pasado, de suroeste, e por iso aproveito para escribir no blog.
Decidín seguir a escribir no blog pero estamos cunha nova iniciativa: parapenteferrol.org.
Resulta moito máis ambicioso que este blog e é un salto cualitativo e cuantitativo, para promover o parapente en Ferrol, pero eu collinlle o gusto a escribir neste blog e vou tratar de compatibilizar os dous.
A ver si vos gusta a nova páxina. Eu creo que está a quedar moi ben gracias ós coñecementos de Alfonso e Xerardo. Eu tratarei de aportar algún vídeo e algún comentario, por exemplo da competición de Arcones, que tamén poderedes ver por aquí.
Nada máis. Ata á miña volta de Segovia. A ver si con algún voo de calidade...
chúzame -




Leave a comment