Mer 4 Xull 2007

Estou destrozado.
Acabo de chegar do Campeonato Ibérico/Campionato Galego de Parapente e antes estiven na Palma.
Á illa da Palma fun a dar un campus de atletismo do Cabildo e pensei en levar o parapente, xa que non tódolos días vou por Canarias. Xa era consciente de que iba na peor época do ano, por causa dos alisios, pero, pensei: Malo será que algún día non poida voar, ¿non din que alí se voan 365 días ó ano?.
Pois NON. Este ano, alomenos, van quedar en 350. Estiven vendo tódolos despegues, non conseguín contactar ata os últimos días con pilotos locais (que me comentaron que levaban 15 días con tempo "pelusa"), pois o piloto de biplaza que organiza o Desafío, Javier, e a parella de franceses que tamén voa en Puerto Naos estaban de vacacións.
As zonas teñen unha pinta estupenda, hai uns desniveis impresionantes, as aterraxes, se fas distancia, poucas e malas, se non á praia de turno, pero tamén son pequenas e poucas, cheas de pedras... e turistas guiris.
Pero unha visita á Palma resulta moi recomendable pese a non voar: o Parque da Caldeira de Taburiente é espectacular, voando xa debe ser o ceo, a xente , majísima e a illa en xeral é moi bonita.
A nota negativa é que no hotel no que estabamos aloxados tamén estaban os actores, actrices, directores, productores, etc que estaban no Festivalito, un festival de cine, e montaban unhas verbenas pola noite... ¿Esta xente non ten que madrugar???? Pois eu sí... Iso é o que me fastidia, moita troula toda a noite e eu tiña que madrugar...
Pois o dito, nada de voos na Palma, e encima veña chamarme todos dende Ferrol para contarme o ben que se estaba a voar... serán...
bueno, teñoo merecido, que eu fago o mesmo...
:-D
De volta nada máis aterrar, collín o coche e marchei a Larouco, ó Campionato Ibérico. Só se voou un día e encima pinchei en Gralhas.
Como non me quería meter no medio de tanto parapente (a ver si Alfonso pon algunha das fotos que sacou, resulta impresionante ver tanto parapente no aire, uns tan cerca dos outros, xirando xuntos moi cerquiña...) agardei ó final, pensando que ó ser unha ladeira de Oeste tería que funcionar máis tarde, pero equivoqueime, e cando por fin puiden despegar (encima unha rapaza que estaba diante miña no despegue estivo fallando despegues seguido, "Hai que facer máis campa...") xa non tiraba ben. É máis nada máis saír afundinme e xa me vía na carretera, pero o mosqueo puido máis e conseguín remontar, pero pouco, 200 metros sobre o despegue.

Cando vin a Muras tirarse para atrás con 400 metros decidín que esa era a miña última oportunidade para marchar con alguén e aló me fun con él, coa esperanza de pillar algunha térmica no sotavento, pero nada... -3 continuo para Muras e o mesmo para min pero cun intre de 0 que me permitiu chegar a Gralhas un pouco máis alto ca el.
Os que se tiraron antes co grupo conseguiron enganchar unha calle de nubes, que xa non estaba cando nós chegamos, e 3 pilotos portugueses chegaron a gol, a 60 km. IMPRESIONANTE!.

O ambiente da competición, a organización, o resto dos pilotos, Larouco (volvo a voar en canto poida) a zona de acampada, a sidra de Diego Vallina, os consellos de Ulises, as charlas no despegue entre pilotos das que se aprende moito, os briefings, aprender a usar o GPS, non só levalo no bolsillo... TODO ESTUPENDO E ESTOU DESEANDO VOLTAR A ALGUNHA COMPETICIÓN.
Pero esta vez espero que se anime algún outro piloto de Ferrol, porque pasar o día sen voar na tenda de campaña resulta máis entretido se tes con quén charlar...
Así que xa sabedes imos preparar unhas balizas en Ponzos ou en Penencia e vamos entrenando, que para a próxima temos que ir máis de Ferrol... e espero que fagamos algún voo mellor que o meu do Ibérico, porque isto de afundirse nada máis facer o Start Point espero que non se repita moi a miúdo
Hai que ver canto se aprende aínda que non voes... e o espectáculo... mellor deixo a Alfonso que o conte (a ser posible con algunha das fotos que fixo) que tamén estivo por alí o día que se voou...
Estou desexando velas...
ALA!!! TODOS A ENTRENAR!!!
chuzame -