Xullo 2007


nuevos 130 nuevos 131 nuevos 133 nuevos 132 nuevos 135 nuevos 134

nuevos 128 nuevos 127 nuevos 125 nuevos 124 nuevos 123 nuevos 122

Chuzame! chuzame -

nuevos 112 nuevos 113 nuevos 110 nuevos 108

nuevos 107 nuevos 114 nuevos 104 nuevos 105

nuevos 118 nuevos 117 nuevos 120 nuevos 119


nuevos 115 nuevos 109 nuevos 106 nuevos 111

 

Chuzame! chuzame -

nuevos 046 nuevos 059 nuevos 056

Aínda non conseguín pillar un día bon... pero xa caerá.

Estas son unhas fotos de hai unha temporadiña, sacadas por meu pai dende o despegue.

Chuzame! chuzame -

Despois do pinchazo en Larouco teño que reconocer que pasei uns días un pouco molesto. Non agardaba ter pinchado tan rápido na competición, pero despois, con tempo, todo se ve con unha perspectiva máis positiva.

En Larouco aprendín moito. Sobre todo comencei a usar o GPS, a sacarlle proveito. Agora voo con él á vista nun cockpit que me prestou Javier Torrón ata que chegue o que lle teño pedido. Resulta un aparello moi útil cando comezas a saber usalo.

Tamén me resultou fascinante o ambiente da competición. É outro mundo distinto ó que estou acostumado voando en Ferrol, e ver a todos eses "máquinas" no aire resulta moi instructivo. E despois escoitar os seus comentarios acerca dos voos, as anécdotas dos incidentes no aire, voos noutros lugares, velas, material... moi instructivo.

Moi instructivo pero a min quedoume a espiña cravada de non chegar un pouquiño máis lonxe... así que unha vez rematados os adestramentos e competicións de atletismo púxenme a adestrar.

Adestrar en parapente soa un pouco raro... pero raro, raro, raroooo... vamos, o que fixen foi voar todo o que puiden...

E tiven sorte porque levamos uns días que nos estamos inflando a voar en Ferrol.

Vale, xa sei que en Ferrol non se colle moita altura e que non hai térmicas fortes...

EEEEPPPPPAAAAAAAAAAA!!!!!!

QUÉN DIXO TAL??????

Estamos xirando térmicas dende hai unha boa temporada en Monte Ventoso... e vaia térmicas... difíciles de xirar porque son moi estreitas e estás moi preto do monte, pero duras... menudo tiovivo estiven disfrutando o outro día...

Un bo adestramento, creo eu...

E é que volvo a competir... a ver se hai máis sorte.

Esta vez vai ser na Liga nacional en Arcones (Segovia). Tiña pensado marchar antes para ir ó XC Arcones previo, pero como a federación nos paga a inscripción á liga nacional e só un desplazamento nun vehículo vou marchar con Ulises e Cedrón seguramente o mércores.

A verdade é que de non ser porque me paga a inscripción a federación, non sei se podería ir... (100 euros de inscripción resulta un pouco caro se empezas a ir a moitas competicións, e outros 100 para o XC, e logo aloxamento, desplazamento, material...).

Imaxino que á xente que ten algún tipo de patrocinio lle compensará, pero se non tes apoios económicos como é o meu caso, a verdade é que competir resulta moi caro. Sobre todo tendo en conta que non vivo desto, non deixa de ser unha afición (unha paixón case enfermiza ó mellor resulta máis apropiado).

En canto ós voos de estes días hai dous destacables:

O primeiro dende Monte Ventoso ata as antenas de Ares, cruzando a ría de Ferrol, (creo que é a primeira vez que se cruza voando en parapente). Estou analizando todavía o voo e pensando se fixen ben en non usar o acelerador ou se foi un erro non pisar e darlle "chancletazo".

O voo gustoume, a ría fíxoseme eterna, pese a ir a 55 km/h, e ó mellor puiden chegar un pouco máis lexos, pero pareceume máis seguro aterrar na cima do monte e evitarme algún sotavento nunha zona que non coñecía e que non vía.

O mal trago veu despois... os que me coñecedes xa sabedes por qué o digo e como non me apetece recordalo pois paso de escribir.

Simplemente vos deixo o track do voo para que o vexades e fagades os comentarios que queirades.

Track do voo de Monte Ventoso - Antenas de Ares.

O segundo foi da segunda vez que me consigo pasar á ladeira da dereita de Ponzos e chegar ata a praia de Campelo. A primeira non levaba o GPS e non vos puiden poñer o track, pero esta vez sí que o levaba e ahí volo deixo.

Track do voo na ladeira de Ponzos.

O voo non é excesivamente técnico, pero é difícil dar co día co vento perfectamente encarado.

Ese día estaba, co cal vas con máis confianza, pois unha vez na ladeira, se te hundes podes acabar fácilmente aboiando no mar. E o mellor é que fun varias veces ata aló.

O resto dos días tamén voamos, en Ponzos e en Monte Ventoso, con variedade de resultados, dende pinchazos debaixo das nubes, pasando por voos cortos con aterraxes arriba, outras veces tentativas de aterrar arriba en Monte Ventoso pasando 5 minutos a 1 metro do chan e con meneos continuos...

Vamos que tivemos caña para adestrar, sobre todo en Monte Ventoso que se está a consolidar como un lugar co que teñen que ter coidado os alumnos e os que se están a iniciar.

Hoxe o vento está moi pasado, de suroeste, e por iso aproveito para escribir no blog.

Decidín seguir a escribir no blog pero estamos cunha nova iniciativa: parapenteferrol.org.

Resulta moito máis ambicioso que este blog e é un salto cualitativo e cuantitativo, para promover o parapente en Ferrol, pero eu collinlle o gusto a escribir neste blog e vou tratar de compatibilizar os dous.

A ver si vos gusta a nova páxina. Eu creo que está a quedar moi ben gracias ós coñecementos de Alfonso e Xerardo. Eu tratarei de aportar algún vídeo e algún comentario, por exemplo da competición de Arcones, que tamén poderedes ver por aquí.

Nada máis. Ata á miña volta de Segovia. A ver si con algún voo de calidade...

Chuzame! chuzame -

Pase de diapositivas.

Chuzame! chuzame -

Estou destrozado.

Acabo de chegar do Campeonato Ibérico/Campionato Galego de Parapente e antes estiven na Palma.

Á illa da Palma fun a dar un campus de atletismo do Cabildo e pensei en levar o parapente, xa que non tódolos días vou por Canarias. Xa era consciente de que iba na peor época do ano, por causa dos alisios, pero, pensei: Malo será que algún día non poida voar, ¿non din que alí se voan 365 días ó ano?.

Pois NON. Este ano, alomenos, van quedar en 350. Estiven vendo tódolos despegues, non conseguín contactar ata os últimos días con pilotos locais (que me comentaron que levaban 15 días con tempo "pelusa"), pois o piloto de biplaza que organiza o Desafío, Javier, e a parella de franceses que tamén voa en Puerto Naos estaban de vacacións.

As zonas teñen unha pinta estupenda, hai uns desniveis impresionantes, as aterraxes, se fas distancia, poucas e malas, se non á praia de turno, pero tamén son pequenas e poucas, cheas de pedras... e turistas guiris.

Pero unha visita á Palma resulta moi recomendable pese a non voar: o Parque da Caldeira de Taburiente é espectacular, voando xa debe ser o ceo, a xente , majísima e a illa en xeral é moi bonita.

A nota negativa é que no hotel no que estabamos aloxados tamén estaban os actores, actrices, directores, productores, etc que estaban no Festivalito, un festival de cine, e montaban unhas verbenas pola noite... ¿Esta xente non ten que madrugar???? Pois eu sí... Iso é o que me fastidia, moita troula toda a noite e eu tiña que madrugar... ;-) :-D

Pois o dito, nada de voos na Palma, e encima veña chamarme todos dende Ferrol para contarme o ben que se estaba a voar... serán... :-) ;-) bueno, teñoo merecido, que eu fago o mesmo... :-D :-D :-D

De volta nada máis aterrar, collín o coche e marchei a Larouco, ó Campionato Ibérico. Só se voou un día e encima pinchei en Gralhas.

Como non me quería meter no medio de tanto parapente (a ver si Alfonso pon algunha das fotos que sacou, resulta impresionante ver tanto parapente no aire, uns tan cerca dos outros, xirando xuntos moi cerquiña...) agardei ó final, pensando que ó ser unha ladeira de Oeste tería que funcionar máis tarde, pero equivoqueime, e cando por fin puiden despegar (encima unha rapaza que estaba diante miña no despegue estivo fallando despegues seguido, "Hai que facer máis campa...") xa non tiraba ben. É máis nada máis saír afundinme e xa me vía na carretera, pero o mosqueo puido máis e conseguín remontar, pero pouco, 200 metros sobre o despegue.

Cando vin a Muras tirarse para atrás con 400 metros decidín que esa era a miña última oportunidade para marchar con alguén e aló me fun con él, coa esperanza de pillar algunha térmica no sotavento, pero nada... -3 continuo para Muras e o mesmo para min pero cun intre de 0 que me permitiu chegar a Gralhas un pouco máis alto ca el.

Os que se tiraron antes co grupo conseguiron enganchar unha calle de nubes, que xa non estaba cando nós chegamos, e 3 pilotos portugueses chegaron a gol, a 60 km. IMPRESIONANTE!.

O ambiente da competición, a organización, o resto dos pilotos, Larouco (volvo a voar en canto poida) a zona de acampada, a sidra de Diego Vallina, os consellos de Ulises, as charlas no despegue entre pilotos das que se aprende moito, os briefings, aprender a usar o GPS, non só levalo no bolsillo... TODO ESTUPENDO E ESTOU DESEANDO VOLTAR A ALGUNHA COMPETICIÓN.

Pero esta vez espero que se anime algún outro piloto de Ferrol, porque pasar o día sen voar na tenda de campaña resulta máis entretido se tes con quén charlar...

Así que xa sabedes imos preparar unhas balizas en Ponzos ou en Penencia e vamos entrenando, que para a próxima temos que ir máis de Ferrol... e espero que fagamos algún voo mellor que o meu do Ibérico, porque isto de afundirse nada máis facer o Start Point espero que non se repita moi a miúdo ;-)

Hai que ver canto se aprende aínda que non voes... e o espectáculo... mellor deixo a Alfonso que o conte (a ser posible con algunha das fotos que fixo) que tamén estivo por alí o día que se voou...

Estou desexando velas...

ALA!!! TODOS A ENTRENAR!!!

Track do voo de Larouco

Resultados pilotos

Resultados clubes

Chuzame! chuzame -

Javier Rosado volando en Ponzos y Penencia.

Chuzame! chuzame -

Estos son unos enlaces para conocer la predicción meteorológica, referentes principalmente a la zona de Ferrol.
La recopilación se la tengo que agradecer a JAVIER ROSADO que fue el que me la facilitó, yo sólo la ordené un poco. Espero que os sirva de ayuda.

-Ministerio de Medio Ambiente
-Meteosim
-Meteogalicia ARPS Módulo
-Meteogalicia ARPS Dirección
-Meteogalicia MM5 Módulo
-Meteogalicia MM5 Dirección
-Meteogalicia ARPS Punto de Rocío
-Meteogalicia MM5 Punto de Rocío
-Windgurú Playa de Ponzos
-Ministerio de Medio Ambiente Previsión Dirección del Viento
-Puerto de A Coruña Predicción a Tres dias
-Previsión Isobárica Wetterzentrale a Nueve Días
-Información Actual Punta Candeeira (A Coruña)
-Predicción Por Localidades
-Previsión Isobárica a Tres Días de Meteogalícia
-Foto de Satélite con Frecuencia de una Hora
-Animación Satélite Wetterzentrale
-Animación de Satélite de Meteogalicia
-Animación Isobárica Wetterzentrale
-Mapas Ministerio de Medio Ambiente
-Análisis Wetterzentrale
-Animación Mapa de Presión de Superficie
-Imagenes del Meteosat
-Imagenes de Satelite NOAA
-Previsión para la Playa de Ponzos

Si queréis descargar los enlaces lo podéis hacer aquí.

Chuzame! chuzame -

Neste video podedes ver ó meu instructor flotando enrriba do despegue de Ponzos
Instructor en Ponzos.

Chuzame! chuzame -