Voo antes de voar…
¿A que non adiviñades quen estivo a voar esta mañá antes de marchar a Coruña a coller un avión?
Para máis datos, estivo en Esmelle, voando 2 horas seguidas ata que subiu demasiado o vento (estaba moi alto e ben metidiño no mar) e entón pasouse a Cobas e estivo voando na duna a ras de suelo, nalgún momento co acelerador a tope e o cu na area, ata que baixaba un pouco o vento, soltaba acelerador e volvía a subir...
Ó final subiu tanto o vento que nin con acelerador a tope se quedaba no sitio... tirou a vela e recolleu como puido polo vento...
Para máis datos, ten unha vela laranxa de Ozone...
Bueno, déixovos que teño moitas cousas que preparar para coller un avión destino "La Palma - Desafío de los Volcanes"...
Solete, playas volcánicas, e 365 días voables ó ano... ou eso din, terei que comprobalo...
Xa vos contarei...
chúzame -




Leave a comment