A tiranía do teléfono móvil
A electrónica está a ocupar cada vez máis eidos das nosas vidas, facilitando e mellorando a nosa calidade de vida. Mais estas melloras non levan consigo unha maior responsabilidade e senso común á hora de usalas e aplicalas.
O uso do teléfono móvil é un exemplo. Unha estadística dos grupos de rescate en montaña da Garda Civil indica que nos últimos anos aumentou de xeito radical o número de persoas que precisan de ser rescatadas na montaña. Unha das razóns que argumentaban para xustificar tal feito é a da proliferación dos teléfono móviles... parece estrano, non si?.
O feito é que cada vez temos unha maior sensación de falsa seguridade polo feito de estar comunicados por este aparello, esquecendo aprender a usar un mapa e unha brúxula, ou esquecendo incluso levalos nas nosas saídas ó monte. Atopámonos así con que moita xente perde a cobertura, ou se esgota a batería, e se mete en problemas por non ter o máis básico dos sentidos: o sentido común.
Son por suposto domingueiros sen preparación e non auténticos montañeiros, que non levan material apropiado para este tipo de actividade, pero ¿quén non dispón na actualidade dunh teléfono móvil?, ¿quen non sufre a tiranía de verse na necesidade que nos impón a sociedade actual de estar continuamente conectado e dispoñible?.
Vivimos o momento e, polo tanto, debemos estar dispoñibles ó momento. Xa non vale o "xa o chamarei pola noite, que sei que está na casa" senon que debemos estar sempre operativos, e cando nos sae a voz da operadora dicindo que "o terminal non se encontra dispoñible ou está fóra de cobertura" xa nos impacientamos e incomodamos.
Xa non vou a entrar a valorar a necesidade de dispoñer do último modelo do mercado, pero é obvio que:
Sufrimos a tiranía do móvil...
¿A qué ven todo isto?
Pois a que hoxe me costou un mundo despegar e ganar altura en Cariño, debido ó ventarrón que había, e cando xa o tiña conseguido... COMEZA A SONAR O MÓVIL NO MEU BOLSILLO.
Non son partidario de soltar as mans dos freos en voo, e máis tal e como estaba o día, menos de andar rebuscando nos bolsillos, pois o preciado aparello podería caer ó vacío... pero o maldito non deixaba de sonar.
¿Será algo importante? me preguntei mentres o aparello seguía coa súa musiquiña incesantemente.
Finalmente decidín aterrar e contestar. Con moito tino fixen a aproximación, coa banda sonora móvil de fondo, o vento levábame para atrás, perdendo tódolos metros que tanto me costara rabuñar. Aterrei con coidado escoitando a súplica sonora para que contestara, tirei a vela no medio dun vendaval, con risco de ser lanzado arrastro co parapente, mentres a música subía de intensidade, soltei os enganches da silla a toda presa, sentindo o modo vibrador do aparello, saquei do bolsillo o móvil, e con él xa na man...
Bueno... si me chamades e unha voz feminina vos di que non estou dispoñible ou que estou fóra de cobertura, podedes interpretar que estou pegando un pedazo voo e non me sae das narices aterrar ata que as condicións empeoren ou se me faga de noite.
Ó final chamei eu ó número que me aparecía alí, e resulta que era para algo que podía perfectamente agardar a que chegara pola noite á casa... e non voltei a despegar, o vento estaba moi forte para tentalo.
chúzame -




Leave a comment