Xa temos link con SOL, como vedes (gracias, Diego), e supoño que está posto na miña honra: O único ferrolán que voa vela desta marca brasileira.

Por se é do voso interese, quero facer unha pequena valoración da Ellus 2, talla M, agora que xa a voei en distintas condicións. Tede en conta que é a perspectiva dun alumno, así que agradecerei comentarios e rectificacións encantado.

http://www.solparagliders.com.br/es/index.php?option=com_content&task=view&id=570&Itemid=38

Paréceme unha vela moi segura, noble e doada de pilotar. Días que vin a compañeiros alabear e campanear en Doniños eu pasaba por esas turbulencias máis estable que eles.

En vó dinámico é insuperable ata certa velocidade de vento. Os datos dan unha velocidade de 36 km sen acelerador, eu comprobei como velas de similares características penetran moito (repito, MOITO) máis. Así que ca Ellus 2 hai que ter o acelerador sempre moi a man. Creo que é un contra grande...

Outra inconveniencia: Ten 4 bandas, moi cercanas entre elas cerca dos mosquetóns, o que me ocasiona problemas para coller as "B". Cando aterro con moito vento, tiro as "D" ao tocar o chan, pero xa me cain varias veces. Esto será problema meu, pero a ver como fago.

A miña experiencia comprando esta vela foi nefasta. Esperei dous meses máis do previsto por ela, o importador granadino resultou ter unha falta de seriedade impropia dun profesional, aparte de amosar unha falta total de educación en varias ocasións. De feito, non recibín todavía a garantía da miña vela, e xa levo con ela medio ano.

É preocupante que un home totalmente incapaz sexa o único responsable de importar velas SOL. Así me parece a mín que as velas que se vexan por aquí serán NIVIUK, OZONE... de todo menos SOL.

Bueno, deixemos estos tristes temas. Pinchade aquí para ver a ELLUS 2 voando como dios manda:

http://www.solparagliders.com.br/midias/content/view/283

Chuzame! chuzame -