Hoxe nada máis terminar de comer marchei a San Cristóbal a voar. Non puiden ir antes pois tiña que estudiar pola mañán, de todas formas non estaba un día moi bon.

De camiño chámame Alfonso, coméntolle que vou a ver si vale para San Cristóbal e pregúntame si vou a ver entrar na ría o barco.

- Barco... ¿qué barco?

- El gasero... los mariscadores van a impedir que entre en la ría con la pleamar, a eso de las cuatro.

Ás catro... a esa hora teño que estar traballando, pero ó mellor non me perdo o espectáculo.

Ó chegar o espectáculo xa estaba montado: Tres patrulleiras da Guardia Civil identificando ós mariscadores antes do follón para ter o traballo adiantado, patrullas por terra, un helicóptero que chegou máis tarde sobrevoando o barco... e unha miríada de pequenas embarcacións ateigadas de mariscadores dispostos a impedir o paso do xigante plantándose diante del.

Mentras tanto eu saquei o parapente e peguei un voo de media hora con vento un pouco pasado, pero sen tocar acelerador. Nada máis despegar, a parella da Guardia Civil debeu dar un respingo ó verme no aire dende a carretera pois saíron a vixiar dende fóra do coche. Deberon pensar que lles ía dar a tarde aterrando no barco se entraba... como o energúmeno que se dedicou a facer un flaco favor ó noso deporte sobrevoando hai uns días unha central nuclear no nome de Greenpeace e facendo un publicidade moi negativa do parapente co seu paramotor.

Creo que as centrais nucleares deberían ser sustituidas, e que hai moitas formas de protestar, pero incumplir a legalidade e perxudicar dese xeito a un colectivo que xa ten "mala" prensa non é moi de recibo. Aproveito: Enerxía limpa,XA... e a ser posible que non sexa eólica preto dos despegues de parapente... ou sí pero que nos deixen voar. Nunca chove a gusto de todos.

Bueno, resumindo, que voei media hora, e cando se empezou a montar o follón metín orellas e a terra, que non quero meter os fuciños onde non me chaman... bueno tamén influiu que empezara a chuviñar e que quería ver tranquilamente o xogo do "rato e o gato" entre as patrulleiras e os mariscadores... tanteo parcial polo de agora: Mariscadores 1- Guardia Civil 0.

O gaseiro descansa na zona de abrigo adxacente á ría de Ferrol, agardando un novo intento coincidindo coa próxima marea alta... ¿Cómo seguirá o marcador? ¿Entrará na ría? Sorprendeume a gran cantidade de público que teñen os mariscadores...¿ou será a Benemérita?.

A ver si lle pido algunha das fotos que sacou Alfonso para ilustrar esta anotación, e se queredes pinchade aquí para ver o voo.

Chuzame! chuzame -