Parapente en Ferrol (Galicia) » Page 'Preparen motores…e paramotores!'

Preparen motores…e paramotores!

Parece que a temporada comenza...Por qué o digo? Porque xa estamos máis tempo volando que esperando a que se poña ben. Exemplos vos contará Diego, que leva unha tempada batindo tódolos records da comarca, pero o día de hoxe volo conto eu.

Cando cheguei a Ponzos, sobre as tres do mediodía, estaba o panorama ben interesante: Diego, Alfonso, Damián e Javier Vilalba tumbados descansando no despegue, e Javier Escobar cobrando como un bendito. Non recordábamos ninguén día tan perruno en Ponzos: Tan pronto subía Javier vertical 50 metros, como se afundía nun -4. Como parecía orientación de Oeste-NO, recollimos e fumos a Esmelle. Javier Escobar aterrou abaixo, e chamou para avisar de que non despegara naide...Tranquilo, Javi, o espectáculo do teu vo foi suficiente.

En Esmelle pintaba ben, chegar, desplegar e a voar. Saín eu e tiven sorte, din unhas pasadas no cortado. Había que arrimarse e ter coidadiño, pero Esmelle ten moito encanto. Non tiveron sorte os compañeiros, que foron á praia. Como estaba baixando a caña, terceira parada: Prior.

En prior parecía frouxo de máis: "Non salgas, Javi, que non da" Pero Javi pensaba que sí, e nun alarde técnico, remontou paseniño dende o camiño ata coller altura e a disfrutar das vistas espectaculares de Prior. Segundo fun eu. Conseguín remontar e voar por primeira vez a miña Sol Ellus 2 en Prior. Portouse fenómeno, inda que adolece de velocidade. Ao fin voamos os catro en Prior. Eu fixen un aterraxe no camiño, pero no segundo non foi tan logrado.

O mar cantou unha subida do vento, pero todos quixemos aproveitar, e acabamos aterrando Javier Escobar, Damián e máis eu casi ao mesmo tempo, a dous metros do camiño. Toxos, toxos...Javier Vilalba descuidouse unha miga e aterrou nun sotavento "laminar". No problem.

Cansados de voar, comenzou a charleta, pero eu escapei a Esmelle, a aproveitar a subida do vento.

Cuarta parada, Esmelle. Para mín, o mellor do día. Esmelle en estado puro: Solete, caña e a disfrutar. Conseguín no cortado ata 25 metros, así que visitei en varias ocasións a praia seguinte e volvín. Xustiño, pero volvín. Xerardo estivo un rato conmigo. Tiven que aterrar, pois me era algo tarde, chamei aos compis, que estaban no bar, e viñeron correndo. O primeiro foi Vilalba, que cando marchei xa estaba disfrutando como un enano. Así que xa nos contarán se voaron ata o anoitecer, cousa moi recomendable en Esmelle.

Esperemos que siga a racha, nunca mellor dito...

Chuzame! chúzame -
Like this post? Spread the word!
delicious digg google
stumbleupon technorati Yahoo!

One comment to “Preparen motores…e paramotores!”

  1. “Esmelle en estado puro: Solete, caña e a disfrutar”

    QUÉ ENVEXA!!!!!!!!! E eu nunha reunión de veciños… Se polo menos se pegaran como en “Aquí no hay quien viva”, pero encima son do máis educados… vamos un aburrimento, e mentras vos veña voar e voar…

    GRRFFFFFFF :-( :-(

Leave a comment

XHTML - You can use:<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Top of page / Subscribe to new Entries (RSS)